Tespis Compañía de Teatro presenta:
"Hansel y Gretel"
Versión e dirección: Lorenzo Piriz-Carbonell
 
Día 10 abril ás 17:30 horas e ás 19:00 horas
  ELENCO
Hansel:
Raul Alarcón
Gretel: Toñi Olmedo
Pai - Rei Vello: Manuel de Reyes
Madrasta - Bruxa: Ceferina Maciá
Araña - Home de caramelo - Rei novo: Paco Morrisón
Dirección: Lorenzo Piriz Carbonell
 
 

Nun lugar da Europa medieval viven pobremente un par de irmáns, HANSEL E GRETEL, co seu pai, un labrego viúvo que decide casar de novo e trae á súa casa a súa nova esposa, a MADRASTA, muller agre e cetriña que en canto toma as rendas da casa maltrata os nenos obrigándoos a fuxir ao bosque veciño onde se perden.

Unha vez no bosque, descobren que está encantado. Atópanse coa ARAÑA PATRAÑA que intenta comerse a GRETEL que caeu atrapada na súa rede. Son salvados polo REI DOS BOSQUES, vello e exhausto por un encantamento da MEIGA LORENZA responsable maligna de todo o malo que acontece na aldea e contornos. Sen atender os consellos do VELLO REI, son enfrontados polo HOME DE CARAMELO quen os convence para que collan un camiño de lambonadas que finalmente os conduce á casa de doces onde habita a malvada MEIGA. Esta encérraos e prepáraos para comelos, mais unha serie de argucias enxeñosas dos irmáns conseguen acabar coa maligna muller quen se descobre como a maligna MADRASTA de que tan rapidamente fuxiran. Acabado o mal acábanse os encantamentos, e ao volver ao bosque encóntranse cun xa rexuvenecido REI e co seu PAI que os veu rescatar. Por un truco de maxia todos volven a casa para ser felices polos tempos vindeiros.

 
  Calsificación: Público entre 5-12 anos

Patrocina:
Deputación Provincial de Ourense
Colabora:
Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Concello de Ourense e Fundación Caixa Galicia

VENDA DE ENTRADAS:
- Taquilla: horario de 11:00 a 13:30 e unha hora antes da función.
- No teléfono de Caixa Galicia 902 434 443 ou na páxina web www.caixagalicia.es

Tarifa Especial: 5€

         
 
XV MITEU
 
Días 11 ao 30 de abril. Ás 19:00 horas (domingo) e ás 20:30 horas (semana)
  Dirección: Fernando Dacosta
Coordinadora: Elena Seijo
Relacións Públicas: Fina Calleja
Equipo Colaborador-Organizador: Sarabela Teatro
 
 

15 anos de Miteu

Europa: Portugal, Italia, Inglaterra, Francia, Hungría, Bielorrusia, Ucraína, España, ...
África: Marrocos, Sáhara, Exipto, Angola, Bissau, Costa de Marfil, ...
Asia: Palestina, Israel, Líbano, India, Xapón, ...
América: Arxentina, Colombia, Chile, Cuba, México, Honduras, Salvador, Rep. Dominicana, Estados Unidos, Brasil, ...
Oceanía: Australia

15 anos
Teatro, desfiles, concertos, exposicións, coloquios, accións, premios, ...
15 anos

A MITEU resúmese en poucas liñas, porque a memoria tende a comprimirse, a facer todo pequeno. Pero cando chega a primavera volve expandirse con novas historias, con novos países, con risos, con preocupacións, con procuras, con misterio, con iso chamado... teatro.

 
  Patrocina: Deputacion Provincial de Ourense, Universidade de Vigo Campus de Ourense, Concellería de Cultura do Concello de Ourense e Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia

Prezo: Especial Miteu

VENDA DE ENTRADAS:
- Taquilla: o día antes, de 11:00 a 13:30 horas, e unha hora antes da representación.
- No teléfono de Caixa Galicia 902 434 443 ou na páxina web www.caixagalicia.es

   
 
Focus Producciones
"La vida por delante"
de Romain Gary
 
día 16 abril ás 20:30 horas
  Dirección: José María Pou
Elenco:
Concha Velasco, Rubén de Eguia, Carles Canut, José Luis Fernández
 
 

La vida por delante é a tenra historia dos marxinados contada a través dos ollos de Momo, un neno árabe que vive na pensión da señora Rosa, unha vella ex prostituta xudía, supervivente de Auschwitz, que acolle a fillos descarreirados nun suburbio de París. O texto descríbenos un sórdido mosaico humano no que Momo realiza a súa aprendizaxe vital. Co seu rexistro adolescente denuncia o racismo e o materialismo e hai unha reflexión sobre a vellez, a soidade, a eutanasia.

La vie devant soi, novela coa que Romain Gary (1914-1980) gañou o premio Goncourt en 1975 baixo o pseudónimo de Émile Ajar, sorprende pola súa plena vixencia e polos seus toques de ironía, inxenuidade e amor. A versión cinematográfica da novela (Madame Rosa), protagonizada por Simone Signoret, conseguiu en 1977 o Óscar á mellor película de fala non inglesa. José María Pou partiu da adaptación teatral que recentemente triunfou en Francia e que no ano 2008 foi distinguida con tres premios Molière: mellor espectáculo de teatro privado, mellor actriz para Myriam Boyer e mellor adaptación teatral para Xavier Jaillard.

 
  Duración: 1 hora 50 min.
Descanso:
non
Calsificación:
Teatro adultos

Patrocina:
Deputación Provincial de Ourense
Colabora:
Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Concello de Ourense e Fundación Caixa Galicia

VENDA DE ENTRADAS:
- Taquilla: horario de 11:00 a 13:30 e unha hora antes da función.
- No teléfono de Caixa Galicia 902 434 443 ou na páxina web www.caixagalicia.es

Tarifa Especial: 15,00 € (butaca e platea), 15,00 € (1º andar), 15,00 € (2º andar) e 12,00 € (paraíso e VR)

Desconto:
Carné xove
Carné de estudante
Maiores de 65 anos
Parados sen prestación económica
Desconto dun 20% sobre o prezo da entrada máis cara

         
 
Concerlírica
"Otello"

de Giuseppe Verdi
 
Día 25 de abril ás 19:00 horas
  Director musical: Vladimir Brubeskiy
Directora de coro: Ludmila Estrelsova
Director de escena: Igor Ivanov
Elenco:
Vitali Venderov (Tenor)
Luis Cansino (Barítono)
Ana Usova/Miki Mori (Soprano)
Serguei Udovin/Marc Sala (Tenor)
Pavel Naumenko (Tenor)
Ana Maksudova (Mezzosoprano)
 
 

Ópera en catro actos

Libreto de Arrigo Boïto
Baseado e inspirado no  “Otelo” de Shakespeare. Estreouse o 5 de febreiro de 1887 na Scala de Milán e aínda que tivo moito éxito, non supuxo tanto como a xente esperaba, xa que Verdi levaba máis de 15 anos sen compoñer, polo que había moita expectación.

Argumento: Otello, militar da república de Venecia é destinado á illa de Chipre para loitar contra os turcos. Debido á súa personalidade consumida polos celos, acaba coa vida da súa esposa Desdémona.

Música: Como é lóxico a construción é a máis moderna de todas, e a fragmentación practicamente non existe. A música na escena inicial é das máis estremecedoras de toda a historia da ópera, a harmonía que coro e orquestra conseguen son sinxelamente arrepiantes.

Giuseppe Verdi. É un dos piares fundamentais da ópera e actualmente o compositor máis representado no mundo, debido á calidade da súa obra e á variedade desta.

 
  Duración: 3 horas
Descanso:
3
Calsificación:
Ópera

Patrocina:
Deputación Provincial de Ourense
Colabora:
Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Concello de Ourense e Fundación Caixa Galicia

VENDA DE ENTRADAS:
- Taquilla: horario de 11:00 a 13:30 e unha hora antes da función.
- No teléfono de Caixa Galicia 902 434 443 ou na páxina web www.caixagalicia.es

Tarifa Especial: 15,00 € (butaca e platea), 15,00 € (1º andar), 15,00 € (2º andar) e 12,00 € (paraíso e VR)

Desconto:
Carné xove
Carné de estudante
Maiores de 65 anos
Parados sen prestación económica
Desconto dun 20% sobre o prezo da entrada máis cara