| CONCERTO NACHO VEGAS | ||||
| Día 3 de marzo ás 21:30 | ||||
| Falar de Nacho Vegas (Gijón, 9 de decembro de 1974) é falar dun dos talentos máis sobresaíntes que deu España nos últimos anos e que, malia a súa xuventude, foi protagonista dalgún dos momentos máis interesantes no panorama musical da pasada década. Dende que a urxencia xuvenil lle levase a coller unha guitarra como medio de expresión e esconder a súa timidez tras unha melena loura como membro de Eliminator Jr, Nacho Vegas non cesou na súa busca por camiños antes non transitados, xa sexa vía os grupos nos que militou, nas colaboracións que xunto a outros artistas levou a cabo (Migala, Mus, Aroah, Diabologum ou Corcobado) ou na relación natural que a súa música ten coa pantalla, tanto grande coma pequena. Anos de axitación, nos que compañeiros de xeración apareceron en forma de bafarada de aire fresco para dar unha labazada ao anquilosado panorama pop, cargado de vellas glorias amarradas á súa cadeira de brazos. Grupos como Los Planetas, Australian Blonde, Nosoträsh, Penélope Trip ou Manta Ray, banda da que Nacho Vegas foi membro fundador e á que imprimiu o seu persoal estilo, abrindo fronteiras, abrindo portas. Posteriormente e de xeito paralelo á súa última etapa en Manta Ray, Nacho Vegas desenvolveu a súa vea máis lírica xunto ao poeta e director Ramón Lluis Bande en Diariu, deixando constancia do seu orgullo pola súa procedencia xeográfica. Levado pola necesidade de expresión Nacho Vegas deixou Manta Ray para mergullarse no seu mundo interior, para presentarse en solitario, que non só, para ofrecernos o seu compromiso coa sensibilidade e a sinceridade, para dar un novo enfoque á figura do cantautor rock, para continuar a súa viaxe. Dylan, Cohen, Oldham, Drake, Van Zandt, Nacho Vegas apúntase á viaxe, por suposto, só de ida. |
||||
| Duración: 1 hora 40 min. Descanso: non Calsificación: Música Colabora: Deputación Provincial de Ourense - Teatro Principal de Ourens VENDA DE ENTRADAS: - Taquilla: horario de 11:00 a 13:30 e unha hora antes da función. - No teléfono de Novagalicia banco 902 434 443 ou na páxina web entradas.novagaliciabanco.es Tarifa: 16,00 € anticipada/ 18,00 € taquilla -12 € anticipada/ 14,00 € taquilla (paraíso e VR) |
||||
| V Festival Internacional de Música de Ourense “Pórtico do Paraíso” JOSÉ MANUEL ÁLVAREZ e ANDREU RIERA |
||||
| Días 4 de marzo ás 19:00 horas | ||||
JOSÉ MANUEL ÁLVAREZ, Violín ANDREU RIERA, Piano |
||||
PROGRAMA Parte I (32 minutos) |
||||
| Duración: 1 hora 20 min. Descanso: si Calsificación: Música clásica Patrocina: Concellaría de Educación do Concello de Ourense Colabora: Deputación Provincial de Ourense - Teatro Principal de Ourense VENDA DE ENTRADAS: - Taquilla: horario de 11:00 a 13:30 e unha hora antes da función. - No teléfono de Novagalicia banco 902 434 443 ou na páxina web entradas.novagaliciabanco.es Tarifa B: 8,00 € (butaca e platea), 8,00 € (1º andar), 7,00 € (2º andar) e 5,00 € (paraíso e VR)) Desconto: Carné xove Carné de estudante Maiores de 65 anos Parados sen prestación económica Desconto dun 20% sobre o prezo da entrada máis cara |
||||
| V Festival Internacional de Música de Ourense “Pórtico do Paraíso” ALEXANDER MELNIKOV |
||||
| Día 9 de marzo ás 20:30 horas | ||||
| “Melnikov non le, ri, soña, chora e baila coa música.”Frankfurter Allgemeine Zeitung Naceu en Moscova en 1973. Aos 12 anos interpretou o Concerto nº1 de Rachmaninov, aínda que el xamais se describiría como un neno prodixio, e recoñece que o que máis o marcou durante toda a súa carreira foi a relación tan especial que tiña co gran pianista Sviatoslav Richter, quen o convidaba regularmente aos festivais en Moscova e Tours. Melnikov combina o dominio da técnica rusa clásica cunha musicalidade reflexiva e sutil. A súa gravación do ciclo de Shostakovich en 2010 para Harmonia Mundi recibiu o BBC Music Magazine Award 2011, o Choc de Classica como mellor álbum de 2010 e o Deutsche Schallplattenkritik 2010. Tras o enorme éxito do concerto ofrecido no Konzerthaus de Viena en novembro de 2010, interpretou este mesmo ciclo en Berlín, San Francisco, Amsterdam, Anveres e Toquio. Tamén gravou para Harmonia Mundi as sonatas completas para violín e piano de Beethoven, coa súa acompañante habitual, a violinista Isabelle Faust. Esta colaboración valeulles o ECHO Klassik Prize de Alemaña e o premio Gramophone 2010. O CD, que é xa una referencia mundial deste repertorio, foi ademais nominado para os premios Grammy. Melnikov gravou outros nove CD para Harmonia Mundi, tres deles como solista con obras de Rachmaninov, Brahms e Scriabin, respectivamente. Tocou nalgunhas das salas máis importantes do mundo: Concertgebouw de Amsterdam, Suntory Hall de Toquio, Alte Oper de Frankfurt, Théâtre du Châtelet de París e Wigmore Hall de Londres. Como solista colaborou con orquestras tan prestixiosas como a Orquestra Nacional de Rusia, Tokyo Philharmonic, Gewandhaus Orchestra de Leipzig, Philadelphia Orchestra, Rotterdam Philharmonic, Royal Concertgebouw Orchestra, BBC Philharmonic Orchestra, Orquesta Sinfónica de Madrid, Mahler Chamber Orchestra ou ConcertoKöln. |
||||
PROGRAMA Parte I (50 min.) |
||||
| Duración: 1 hora 30 min. Descanso: si Calsificación: Música clásica Patrocina: Concellaría de Educación do Concello de Ourense Colabora: Deputación Provincial de Ourense - Teatro Principal de Ourense VENDA DE ENTRADAS: - Taquilla: horario de 11:00 a 13:30 e unha hora antes da función. - No teléfono de Novagalicia banco 902 434 443 ou na páxina web entradas.novagaliciabanco.es Tarifa B: 8,00 € (butaca e platea), 8,00 € (1º andar), 7,00 € (2º andar) e 5,00 € (paraíso e VR)) Desconto: Carné xove Carné de estudante Maiores de 65 anos Parados sen prestación económica Desconto dun 20% sobre o prezo da entrada máis cara |
||||
| CONCERTO THE BREW |
||||
| Día 10 marzo ás 22:00 horas | ||||
| Guitarra eléctica e voz principal: Jason Barwick Batería: Kurtis Smith Baixo eléctrico e segunda voz: Tim Smith, pai de Kurtis |
||||
| The Brew proveñen de Grimsby, pequena localidade portuaria ao nordés de Inglaterra e a súa música recolle a esencia do rock, blues-rock e hard rock creado nos anos 60 e 70 e agora chamado Rock clásico. Formáronse en 2005 co nome de Strange Brew, título dunha canción dos Cream, reducíndoo mais tarde a The Brew. En 2006 publicaron o seu primeiro álbum, titulado genericamente "The Brew" e durante a tempada 2006-2007 foron votados "mellor trio británico dos últimos 20 anos" por "It´s Only Rock´n´Roll", magazine oficial do club de fans de The Rolling Stones, comentando do seu guitarrista Jason Barwick, entón con 17 anos, que en pouco tempo estaría á "cabeza dos mellores guitarristas británicos". En 2007 tamén foron a "segunda banda de blues-rock" mais baixada en "iTunes". - En 2008 publicaron o seu primeiro DVD gravado en directo e titulado "The Brew Live in Belgium" e meses despois o seu segundo álbum, titulado "The Joker", considerado por algúns criticos como "un dos mellores discos de rock aparecidos en moitos anos". As composicións de The Brew recollen influencias dalgúns dos grupos mais influentes da historia, tales como Jimi Hendrix, Cream, Led Zeppelin, The Who, os Pink Floyd da primeira época e tambien doutros actuais como Rage Against The Machine, Kula Shaker, Wolfmother ou The Racounters. En 2009 consolidaron o seu potente son en continuas xiras por Alemaña, Holanda, Bélxica, Francia, Polonia e realizaron os seus primeiros catro concertos en España. - En Xaneiro de 2010 apareceu o seu terceiro álbum "A Million Dead Stars", gravado nos estudos Chapel Recording Studios de Londres baixo a produción de Chris West, prestixioso enxeñeiro de son e produtor de bandas lendarias, como The Who, Status Quo e Uriah Heep. En Outubro publicaron o seu segundo DVD, titulado "Live At Luna Lunera", video que recolle o gran concerto que ofrecían en Agosto na 9ª edición do Festival Luna Lunera na localidade de Sos del Rey Católico, Zaragoza, gravado por RTVE cun gran despregamento de medios técnicos. En Agosto de 2011 apareceu o seu cuarto álbum, "The Third Floor", gravado no mesmo estudo que o anterior e producido tambien por Chris West. No novo disco evidénciase unha gran madureza e un estilo propio consolidado nas once cancións gravadas. The Third Floor é cualificado como "mellor álbum do grupo" "E "un dos mellores discos de 2011" segundo algunhas das principais revistas españolas especializadas. - En Alemanía The Brew, despois de catro anos de continuas xiras e actuacións en grandes festivais, é un dos grupos mais aclamados, recentemente Rocks Magazine decia deles "un dos grupos máis excitantes do noso tempo", en España a reputación e o público de The Brew tamén foron en aumento despois de 80 concertos realizados entre 2010 e 2011, que inclúen catro longas xiras nacionais, actuacións realizadas en todo tipo de locais, teatros, festivais e tamén en programas de radio e televisión coas mellores cualificacións. É relevante tamén mencionar que a prestixiosa factoría Gibson colabora con Jason Barwick dende o verán de 2010, proporcionándolle algunhas das súas guitarras para todas as súas actuacións en España. |
||||
| Duración: 2 horas Descanso: non Calsificación: Música Colabora: Deputación Provincial de Ourense - Teatro Principal de Ourens VENDA DE ENTRADAS: - Taquilla: horario de 11:00 a 13:30 e unha hora antes da función. - No teléfono de Novagalicia banco 902 434 443 ou na páxina web entradas.novagaliciabanco.es Tarifa: 12,00 € anticipada/ 15,00 € taquilla |
||||
| CONCERLÍRICA "LA BOHÈME" de Puccini |
||||
| Día 11 marzo ás 19:00 horas | ||||
Direción musical: Victor Lemko / VasilyVasilenko |
||||
Tras o éxito de Manon Lescaut (1893), Puccini acometía unha nova ópera baseada na obra por fascículos de Henri Murguer, "Scènes da la vie de bohème", e que deu lugar a esta ópera que, en febreiro de 1896, se representaba no Teatro Rexio de Turín por primeira vez. A historia é coñecida polos amantes da ópera e é doada de chegar ao público que, sen dúbida, se pon na pel dos dous protagonistas, Mimí e Rodolfo, nada máis iniciarse os primeiros compases da obra e levantarse o pano. |
||||
| Duración: 3 horas Descanso: si Calsificación: Ópera Idioma: tradución ao castelán Patrocina: Deputación Provincial de Ourense Colabora: Concello de Ourense, Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia VENDA DE ENTRADAS: - Taquilla: horario de 11:00 a 13:30 e unha hora antes da función. - No teléfono de Novagalicia banco 902 434 443 ou na páxina web entradas.novagaliciabanco.es Tarifa Especial: 15,00 € (butaca, platea, 1º andar, 2º andar) e 12,00 € (paraíso e VR) Desconto: Carné xove Carné de estudante Maiores de 65 anos Parados sen prestación económica Desconto dun 20% sobre o prezo da entrada máis cara |
||||
| CONCERTO DAMIEN JURADO |
||||
| Día 18 marzo ás 20:30 horas | ||||
| Un dos cantautores urbanos fundamentais dos últimos dous lustros enfrontándose, enfrontándonos, á presentación en directo do seu DÉCIMO disco que verá a luz en 2012. Damien Jurado converteuse por méritos propios nunha das grandes referencias dese novo Folk americano que cada vez é máis esixente. Os discos de Damien son un percorrido pola súa vida, as súas alegrías, as súas decepcións, as súas impresións, todas mostradas dunha forma sincera e emotiva. Nesta ocasión, por primeira vez en Galicia, preséntase arroupado pola súa banda, algo pouco común nas visitas de Xurado a España. Despois do seu éxito nas dúas primeiras edicións de American Autumn (Café & Pop Torgal) onde colgou o cartel de sold out en ambas as dúas ocasións, volve “Á cidade da chispa" onde segundo palabras do propio Damien, se sente como na casa. |
||||
| Duración: 1 hora 40 min. Descanso: non Calsificación: Música Colabora: Deputación Provincial de Ourense - Teatro Principal de Ourens VENDA DE ENTRADAS: - Taquilla: horario de 11:00 a 13:30 e unha hora antes da función. - No teléfono de Novagalicia banco 902 434 443 ou na páxina web entradas.novagaliciabanco.es Tarifa: 12,00 € anticipada/ 14,00 € taquilla. 10 € anticipada/ 12 € taquilla (VR e paraiso) |
||||
| IRAYA PRODUCCIONES “AL FINAL DEL ARCOÍRIS” de Peter Quilter |
||||
| Día 24 de marzo ás 20:30 horas | ||||
Autor: Peter Quilter |
||||
Decembro 1968, Judy Garland está a punto de facer o seu regreso aos escenarios... outra vez. Nun cuarto dun luxoso hotel de Londres, Judy Garland, xunto ao seu prometido, prepara unha serie de concertos no Talk of the Town que tratan de devolvela ao cume e recuperar a coroa como unha dos maiores talentos da súa xeración. |
||||
| Duración: 2 horas Descanso: si Calsificación: Teatro adultos / contemporáneo Idioma: Castelán Patrocina: Deputación Provincial de Ourense Colabora: Concello de Ourense, Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia VENDA DE ENTRADAS: - Taquilla: horario de 11:00 a 13:30 e unha hora antes da función. - No teléfono de Novagalicia banco 902 434 443 ou na páxina web entradas.novagaliciabanco.es Tarifa A: 12,00 € (butaca e platea), 9,00 € (1º andar), 8,00 € (2º andar) e 6,00 € (paraíso e VR Desconto: Carné xove Carné de estudante Maiores de 65 anos Parados sen prestación económica Desconto dun 20% sobre o prezo da entrada máis cara | ||||
| UNAHORAMENOS “LAS CUATRO ESQUINAS” de Félix Albo |
||||
| Día 25 de marzo ás 19:00 horas | ||||
Autor: Félix Albo |
||||
O porque das catro esquinas, para nós a cuestión sería: Por que Félix Albo? |
||||
| Duración: 1 hora 30 min. Descanso: non Calsificación: Teatro / comedia Idioma: Castelán Patrocina: Deputación Provincial de Ourense Colabora: Concello de Ourense, Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia VENDA DE ENTRADAS: - Taquilla: horario de 11:00 a 13:30 e unha hora antes da función. - No teléfono de Novagalicia banco 902 434 443 ou na páxina web entradas.novagaliciabanco.es Tarifa B: 8,00 € (butaca e platea), 8,00 € (1º andar), 7,00 € (2º andar) e 5,00 € (paraíso e VR)) Desconto: Carné xove Carné de estudante Maiores de 65 anos Parados sen prestación económica Desconto dun 20% sobre o prezo da entrada máis cara | ||||