CONCERTO DE ANINOVO
"ORQUESTA FILARMÓNICA ITALIANA"
Director Gaetano Solimani

 
Día 2 de xaneiro ás 20:30 horas
     

A Orquesta Filarmónica Italiana
Fundouse no ano 1977 na cidade de Piacenza, na rexión de Emilia Romaña, a poucos quilómetros de Milán, co fin de dar continuidade ás ricas tradicións musicais da cultura italiana, por un lado música popular, e neste apartado inclúense a ópera e tódalas cancións italianas e napolitanas, por outro lado obras sinfónicas de cámara e de gran orquestra sinfónica. Prestixiosos directores traballaron con ela en todos estes anos: Janos Acs, Yuri Ahronovitch, Mauricio Arena, Maurizia Benini, Máximo De Bernat, Angelo Campori entre outros. Do Barroco ó Neoclásico, do Romanticismo ó Eclecticismo, do Verismo ó Contemporáneo, a Orquestra Filharmónica Italiana de Piacenza está presente en Italia e Europa cun amplo repertorio que a distingue pola súa seriedade, efectividade e unha calidade que lle permite interpretar desde títulos populares de gran cartel ata obras de grandes compositores. Colabora en moitas ocasións acompañando a algúns dos máis grandes cantantes de ópera dos últimos anos, como son, Carlo Bergonzi, Renato Bruson, Piero Cappuccilli, Jose Carreras, Silvano Carroli, Masako Deguci, Mariella Devia, etc. Acompañan a grandes estrelas do ballet como son: Carla Fracci, Rudolf Nureyv, Luciana Savignano e Al Ferri, entre outros. Con frecuencia a RAI (Radiotelevisión Italiana) retransmite os seus concertos por televisión e radio, y tamén en Italia Internacional para os países de América Latina e Estados Unidos. Desde hai anos acompaña en tódalas súas actuacións en Italia e Europa ó tenor Andrea Bocelli.

Director de orquestra GAETANO SOLIMANI
Nacido en Verona, (Italia)

Director de orquestra e director de coro. Graduouse como músico en Violín e en Viola. Desde neno vive nun ambiente musical familiar, xa que o seu pai e o seu tío eran músicos profesionais na Orquestra Filharmónica de Verona. Desde moi pequeno pasábase horas entre bastidores escoitando ós mellores cantantes do mundo e nas súas vacacións acompañaba ós seus pais ós ensaios, polo que moi cedo destacou como neno prodixio, interpretando o violín e o piano.
Tras colaborar como músico nalgunhas orquestras, ós 21 anos, empeza a súa carreira como director ó fronte da Orquestra de Verona, A Sinfónica Salieri de Parma e A Sinfónica Pomeriggi de Milán.
Actualmente dirixe, na Arena de Verona, á orquestra "Sinfónica de Piazenza" e a "Orquestra Filharmónica Veronesa", sendo tamén invitado por diferentes teatros de Italia e de Europa a dirixi-las súas producións operísticas cada temporada.
Traballou con cantantes da talla de Giorgio Zancanaro, Piero Capuccili, Renato Bruson, Giusepe Giocomini, Guiseppe Di stefano, entre outros.
Por vez primeira preséntase en España dirixindo a OFI, Orquestra Filharmónica Italiana de Piazenca, coa que colabora asiduamente en Italia.

Programa
1ª parte
Johann Strauss figlio (1825-1899)
Storielle del bosco viennese
Jean Sibelius(1865-1957)
Valse triste
Johann Strauss figlio (1825-1899)
Sangue viennese
Trish trash polka

2ª parte

Gioacchino Rossini (1792-1868)
Ouverture da La Gazza ladra
Johann Strauss figlio (1825-1899)
Valzer dell´Imperatore
Pietro Mascagni (1863-1945)
Notturno e Barcarola da Silvano
Johann Strauss figlio (1825-1899)
Sul bel Danubio blu
Voci di primavera

 
   

Patrocina: Deputación Provincial de Ourense
Colabora: Consellería de Cultura e Deporte - Fundación Caixa Galicia
Despacho de billetes: Desde o día 2 de xaneiro de 11:00 a 13:30 e unha hora antes do concerto
Venda: No teléfono de Caixa Galicia 902 434 443

Prezo: 12 € (butaca e platea), 9 € (1º andar), 8 € (2º andar) e 6 € (paraíso)

Desconto:
Carné Xove
Carné de estudante
Maiores de 65 anos
Desconto dun 20% sobre o prezo da entrada máis cara


         
 
Especial día de Reis
MARKELIÑE TEATRO presenta

"MAMBRÚ"


 
Día 4 de xaneiro ás 17:00 horas
  Dirección: Markeliñe
Autor: Creación orixinal de Markeliñe
Elenco: Ana Meabe, Ana Martínez

 
 

Sinopse
Mambrú vive no campo e tódalas mañás a súa nai espértao apraciblemente para prepararlle un delicioso almorzo. Pero un día, mentres almorzaban, uns estraños sons de avións anuncian unha guerra próxima. Cada vez más ruidosa porque as bombas caen xunto á casa. Mambrú, nerviosa e enfadada, prepárase para saír e correr baixo o bombardeo como un soldado máis, mentres a súa nai vea afastarse rumbo a algún lugar no medio da guerra.
Xa está no fronte, pero no hai ninguén, polo que se tranquiliza un pouco. Pero, de súpeto, aparece outra como ela, pero distinta. Outra indumentaria, outros ademáns, pero co mesmo medo, valentía e prexuízo mutuo. Dous soldados inimigos fronte a fronte. Mambrú contra a inimiga. E comeza a guerra...
É unha guerra estraña, distinta a como se ve no cine ou a televisión, porque as protagonistas non necesitan disparar para dicir "aquí estou eu e son mellor ca ti" ou ó revés "son peor ca ti". Probablemente xa saben que as palabras, as miradas ou os xestos poden ferir máis cas armas.
Sen embargo, segundo transcorren as súas disputas, batallas, encontros e desencontros nese particular universo compartido, ocorre algo curioso entre soldados inimigos. É un segredo que cada unha se garda como unha sensación inconfesable: "¿Por qué somos inimigas se parece que nos gusta estar xuntas?", pregúntanse sen dicilo.
E aínda que a guerra siga, elas terán que superala á súa maneira. Probablemente sendo valentes para ser elas mesmas, para dar renda solta ós seus sentimentos por encima de prexuízos impostos.
Ó final, unha de tantas bombas caídas desde o ceo demostraralles que si serán capaces de facelo, e o farán á súa maneira, para que unha nai volva a abrazar a unha filla.


 
   

Patrocina: Deputación Provincial de Ourense
Colabora: Consellería de Cultura e Deporte - Fundación Caixa Galicia
Despacho de billetes: Desde o día 6 de xaneiro de 11:00 a 13:30 e unha hora antes do concerto

Prezo: 8,00 € (1 adulto e 2 nenos)


         
 
CUARTA PARED COMPAÑÍA DE TEATRO presenta
"REBELDÍAS POSIBLES"


 
Día 13 de xaneiro ás 20:00 horas
 

Director: Javier G. Yagüe
Autores: JLuis García-Araus, Javier G. Yagüe



 
 

Sinopse
Un día o noso home decide reclamar a unha teleoperadora a devolución duns céntimos por estar en desacordo co criterio aplicado nas tarifas. A súa muller entende o xesto, pero non apoia causa tan insignificante. En realidade, todo o mundo aplaude o xesto, pero se ri da causa. As artimañas da teleoperadora esíxenlle cada vez máis tempo e diñeiro, o que ameaza co arruina-la súa vida familiar e laboral. Tan só encontra consolo nunha compañeira de traballo que ve nel un quixote contemporáneo, paciente e determinado. Ela preséntalle a varias persoas como un exemplo para seguir e sen querelo, pois se hai algo que rexeita é o afán de notoriedade, vese obrigado a asumi-la responsabilidade de lidera-las acciones reivindicativas deste grupo formado espontaneamente.

 
   

Patrocina: Deputación Provincial de Ourense
Colabora: Consellería de Cultura e Deporte - Fundación Caixa Galicia
Taquilla:  Horario de 11:00 a 13:30 e unha hora antes da función
Venda: No teléfono de Caixa Galicia 902 434 443

Prezo: 12 € (butaca/platea), 9 € (1º andar), 8 € (2º andar) e 6 € (paraíso e VR)
Desconto:
Carné Xove
Carné de estudante
Maiores de 65 anos
Desconto dun 20% sobre o prezo da entrada máis cara


         
 
PÉREZ DE LA FUENTE PRODUCCIONES presenta
"EL LEÓN EN INVIERNO"
de James Goldman

 
Día 19 de enero a las 20:00 horas
  Autor: James Goldman
Versión: Juan Carlos Pérez de la Fuente
Dirección: Juan Carlos Pérez de la Fuente
Elenco: Manuel Tejada, Alicia Sánchez, Celia Freijeiro, Dávid Sánchez, Miguel Ángel Valcárcel, Néstor Arnas, Paco Blázquez


 
 

Sinopse
“El león en invierno” xa é un clásico contemporáneo. Desde a súa estrea en Broadway en 1967, fai corenta anos, no deixou de representarse en tódolos escenarios do mundo. A súa posterior versión cinematográfica en 1968 tivo tamén un éxito inmediato, deixando na nosa retina escenas memorables. E sen embargo "El león en invierno" é, por encima de todo, o teatro. Teatro en estado puro do que se destila un precioso licor que embriaga os sentidos e aumenta o fluír do sangue.
Os nosos amados monstros, as personaxes da función, habitan un universo puramente teatral, que nos permite esquecernos moi pronto da súa orixe histórica, porque xa en vida encontraron o seu sitio na lenda. Esta peculiar familia poboada de reis, reinas, príncipes e princesas resúltanos moi próxima. Os seus enfrontamentos constantes na loita polo poder revélannos aspectos insólitos das relacións humanas, cando a vivencia do amor, o odio, os celos, a cobiza ou a maldade amósansenos "quimicamente puros".


Premio Ade de Dirección 1997
Premio Celestina ó Mellor Director 1998
Premio Do Público de Madrid ó Mellor Director 1998
Premio Cultura Viva das Artes Escénicas 1998
Premio do Público de Madrid ó Mellor Director 1999
Medalla de Ouro de Las Bellas Artes 1999
Premio de Teatro Telemadrid 2003
Premio Ade de Dirección 2003
Premio Mayte 2004


 
   

Patrocina: Deputación Provincial de Ourense
Colabora: Consellería de Cultura e Deporte - Fundación Caixa Galicia
Taquilla:  Horario de 11:00 a 13:30 e unha hora antes da función
Venda: No teléfono de Caixa Galicia 902 434 443

Prezo: 12 € (butaca/platea), 9 € (1º andar), 8 € (2º andar) e 6 € (paraíso e VR)

Desconto:
Carné Xove
Carné de estudante
Maiores de 65 anos
Desconto dun 20% sobre o prezo da entrada máis cara



         
 
ORQUESTA SEOUL ACADEMY ENSEMBLE
(THE KOREAN CHAMBER ORCHESTRA)


 
Día 26 de xaneiro ás 20:00 horas
 

Directora e Concertino: II Yeop Ju
Solista: Marc Grauwels, flauta


 
 

A Orquestra Seoul Academy Ensemble é a formación de cámara máis apreciada na República de Corea por tocar un estilo puro de música clásica, sendo ademais a primeira orquestra de cámara do seu país formada unicamente por mulleres. Nos seus inicios, que se remontan a máis de 30 anos, era coñecida como Orquestra de Cámara de Mulleres de Seúl.
A Orquestra de Cámara de Mulleres interpretou un extenso repertorio musical por toda a República de Corea ata 1984, en que se presenta co novo nome Seúl Academy Ensemble. O 19 de maio do mesmo ano xa se consolidara como unha formación de músicos profesionais, sendo una orquestra de cámara de mulleres cun alto nivel interpretativo, motivo polo cal varias asociacións lle deron o seu apoio.
En 1996 o profesor Tea-Hyuo Park deulle unha nova imaxe, que se corresponde coa actual, contando con algúns dos músicos que estaban xa en activo na orquestra e con algúns graduados e estudantes de cinco conservatorios de música. A nova formación, puxo énfase en demostrar que o seu estilo tiña vitalidade e frescor, fronte a outros ciclos clásicos existentes que estaban pouco familiarizados coa música de cámara.
En 1991 e 1993 actuou en Taiwán e Hong Kong invitada polo goberno. En 1995 foi invitada a participar no Festival Internacional das Artes de Guangdonog (China), actuando en Bulsan, Shimchon e Kwangju. Seoul Academy Ensemble está na vangarda musical de Corea, interpretando un amplo repertorio musical que vai desde o barroco ata a música contemporánea.


Marc Grauwels, frauta
Na actualidade é, sen dúbida, un dos frautistas mellor posicionados de Bélgica e iso é debido, por suposto, ó seu talento, ó seu carisma, á súa personalidade dinámica e xenerosa, pero tamén ó seu sentido innato da comunicación.
O seu eclecticismo como solista internacional levouno a inspirar a un centenar de compositores do mundo enteiro a escribir especialmente para el. Así pois, Ennio Moricone, entre outros, dedícalle a "Cantata para I´Europa". Astor Piazzolla, en 1985, a célebre "Historia del Tango" e, máis recentemente o compositor grego Yannis Markopoulos o seu novo concerto para frauta que serviu como música para a inauguración dos Xogos Olímpicos de 2004 en Atenas.
Despois de termina-los seus estudos musicais no seu país e debutar con orquestra na Ópera de Flandes, á idade de 19 anos (experiencia algunhas veces difícil pero que el sempre conta con moito humor), estuda con James Galway e Jean-Pierre Rampal entre outros.
En 1976 atopámolo tocando como piccolo solo en el Théâtre de la Monnaie de Bruselas (Ópera Nacional de Bélgica), posto que abandona en 1978 para ocupa-lo posto de primeiro frautista solista na Orquestra Sinfónica da radio-televisión Belga, onde estará durante dez anos, sendo ademais seleccionado para o mesmo posto en 1986, cando se constituíu a célebre "World Orchestra" baixo a dirección de Carlo-María Giulini.
A partir de entón a súa carreira de solista desenvólvese a unha velocidade impresionante. Actualmente é profesor titular no Real Conservatorio de Mons.
Cun mínimo de 100 concertos por ano no mundo enteiro e unha discografía rica, de xa más de 50 gravacións, Marc Grauwels amosa que unha boa política artística pode hoxe en día levar a un frautista a ter un formidable éxito público.


IL YEOP JU, directora artística e concertino
- Seoul National University, (Violín)
- Conservatorio de Música de Brooklyn, Violín, Diploma de graduación
- Manhattan School of Music, M.M. (Violín)
- National Sophia Music Academy Doctorado
- Obtivo o premio en Don "Daily Newspaper music competition"
- Primeiro violín asistente de concertino daa Korea National Symphony Orchestra
- Primeiro violín de Baroque Chamber Ensemble
- Primeiro violín de Queens Orchestral Society
- Solista e membro da Korea Broadcasting Orchestra
- Líder do New York Chamber Ensemble
- Tres recitais como solista en New York
- Numerosos recitais como solista en Corea
- Concertino da Orquestra Sinfónica de Kangnam
- Profesora da Universidade de Bethesda
- Profesora do Conservatorio de Música de Baek-Suk
- Concertino da Seoul Philarnomic Orchestra
- Concertino da Orquestra de Cámara Seoul Academy Ensemble


PROGRAMA
A. Vivaldi (1678-1741)
Concerto Grosso en Re menor Rv 565
para orquestra de corda
- Allegro
- Andante
- Allegro
C.W. von Gluck (1714-1787)
Escena de Campos Elíseos extraída de
"Orpheo e Euridice" para frauta e orquestra

F. Mendelssonh-Bartholdy (1809-1847)
Concerto para frauta e orquestra en Re menor

- Allegro
- Andante
- Presto

Anónimo
Melodía tradicional Coreana para frauta e orquestra

E. Demaré (1840-1919)
Le Merle Blanc,
- Polka fantasía para piccolo e orquestra



 
   

Patrocina: Deputación Provincial de Ourense
Colabora: Consellería de Cultura e Deporte - Fundación Caixa Galicia
Taquilla:  Horario de 11:00 a 13:30 e unha hora antes do concerto.
Venda: No teléfono de Caixa Galicia 902 434 443
• Na páxina web www.caixagalicia.es

Prezo: 12€ (butaca/platea), 9€ (1º andar), 8€ (2º andar) e 6€ (paraíso e VR)
Desconto:
Carné Xove
Carné de estudante
Maiores de 65 anos
Desconto dun 20% sobre o prezo da entrada máis cara


         
 
VORÁGINE PRODUCCIONES presenta:
"LA SOSPECHA" de John Patrick Shanley


 
Día 1 de febreiro ás 20:30 horas
 

Dirección: Natalia Menéndez
Versión: Fernando Masllorens,
Federico González del Pino
Elenco: Pilar Bardem, Diana Palazón, Juanjo Cucalón, Beatriz Argüello, Vicenta Ndongo

 
 
Sinopse
En 1964, nunha escola católica do Bronx, a Irmá Jane avisa á directora, a Irmá Luisa, que un neno da súa clase volveu raro e cheirando a alcohol despois de estar co pai Flynn, o cura que se encarga da ensinanza relixiosa así como tamén do deporte. A partir dese momento, a irmá Luisa, armada de sospeitas, culpabiliza ó padre Flynn de abuso a un menor e manterá unha reunión coa nai do neno para separalos. ¿Pero a acusación que pesa sobre o cura ten probas?


 
   

Patrocina: Deputación Provincial de Ourense
Colabora: Consellería de Cultura e Deporte - Fundación Caixa Galicia
Taquilla:  Horario de 11:00 a 13:30 e unha hora antes da función
Venda: No teléfono de Caixa Galicia 902 434 443
• Na páxina web www.caixagalicia.es

Prezo: 12 € (butaca/platea), 9 € (1º andar), 8 € (2º andar) e 6 € (paraíso e VR)
Desconto:
Carné Xove
Carné de estudante
Maiores de 65 anos
Desconto dun 20% sobre o prezo da entrada máis cara


         
 
CENTRO DRAMÁTICO GALEGO presenta
"VALDEMULLER"
de X.A. Neira Cruz


 
Días 15,16 y 17 de febreiro; Día 15 ás 20:30 horas, 16 y 17 ás 20:00 horas
  Dirección: Pablo Vergne
Adaptación:
Julio Salvatierra
Elenco:
Alba Grande Vázquez, Raquel García Rodríguez, Montse Piñón López, Manuela Varela Quintas

 
 

Sinopse
Minia cumpre quince anos e está a prepara-la celebración habitual na súa familia aínda que non de moi bo gusto. A sorte fai que algúns dos tópicos da festa sufran certos cambios involuntarios como o ocorrido co elegante traxe que lle tiñan preparado. Un agasallo misterioso é o desencadeante dunha investigación. Minia recibe un colgante en forma de estrela ante o cal toda a súa familia experimenta un certo nerviosismo. A rapaza, pouco e pouco e coa axuda da súa tía Olga, vai descubrindo os segredos que agacha o galano e as historias que oculta a súa familia. Emprende unha viaxe cara a Valdemuller, o lugar no que reside a súa tía-avóa Estrela e, á vez que descobre o que significa ser unha "filla da lúa", experimenta un proceso de autocoñecemento e maduración que a axudarán a continua-la súa vida dende outra perspectiva.

 
    Patrocina: Deputación Provincial de Ourense
Colabora: Consellería de Cultura e Deporte - Fundación Caixa Galicia
Taquilla:  Horario de 11:00 a 13:30 e unha hora antes da función
Venda: No teléfono de Caixa Galicia 902 434 443
• Na páxina web www.caixagalicia.es

Prezo: 8 € (butaca/platea), 8 € (1º andar), 7 € (2º andar) e 5 € (paraíso e VR)
Desconto:
Carné Xove
Carné de estudante
Maiores de 65 anos
Desconto dun 20% sobre o prezo da entrada máis cara

         
 
ABADA TEATRO presenta:
"HUMOR NEGHRO"

de Carlos Blanco y Manecas Costa

 
Día 23 y 24 de febreiro ás 20:00 horas

 

 

Dirección escénica: Carlos Blanco, Manecas Costa

 
 

HUMOR NEGHRO lévanos ata a música africana a idea central da morte como referente e leit-motiv. Cun esquema pensado para ser entendido por galegos/as, pero tamén coa ambición de chegar a ser visto e entendido na Península Ibérica e mesmo en toda a Lusofonía.
HUMOR NEGHRO parte dun diálogo relaxado entre dous creadores recoñecidos cada un no seu campo e rematará cunha festa para o público. A forza escénica e o magnetismo de Manecas Costa e Carlos Blanco garanten que así será, indo ademais dunha posta en escena de luxo en canto a luz, son e imaxe.


 
   

Patrocina: Deputación Provincial de Ourense
Colabora: Consellería de Cultura e Deporte - Fundación Caixa Galicia
Taquilla:  Horario de 11:00 a 13:30 e unha hora antes da función
Venda: No teléfono de Caixa Galicia 902 434 443
• Na páxina web www.caixagalicia.es

Prezo: 8 € (butaca/platea), 8 € (1º andar), 7 € (2º andar) e 5 € (paraíso e VR)
Desconto:
Carné Xove
Carné de estudante
Maiores de 65 anos
Desconto dun 20% sobre o prezo da entrada máis cara


         
 
OCTETO MITHRAS

 
Día 1 de marzo ás 20:00
  Componentes
Primer Violín: Thomas Hemkemeier
Violín: Na Li
Viola: Harald Paul
Violonchelo: Claudia Limperg
Violonchelo: Claudia Limperg
Contrabajo: Holger Philipsen
Clarinete: Stefan Zimmer
Trompa: Peter Arnold
Fagot: Ulrich Rinderle


 
 

Composto por membros da Orquestra Sinfónica da Radio de Saarbrücken, impúxose o labor de interpretar obras que, a pesar de ser moi famosas, o público pode escoitar soamente en contadas ocasións. Nas formacións que se sitúan entre o quinteto e o noneto, o grupo pode ofrecer unha gran variedade, redescubrindo ademais obras que antigamente foron moi coñecidas e que na actualidade están case esquecidas. Mithras Oktett sendo o único octeto permanente dentro da Corporación de Radiodifusión Xermana (ARD) xa rexistr
• Numerosos CD’s e emisións de radio.

Thomas Hemkemeier, violín
Estudou con Valerii Gradov na Escola Popular de Música e Artes Representativas de Essen. Desde o ano 1989 é director de programación da Orquestra da Radio de Saarbrücken.


Na Li, violín
Desde o 2000 a primeira violinista da Orquestra Filharmónica de China. Desde 2003 contratada como primeiro violín da Orquestra da Radio de Saarbrücken. Desde 2005 membro da Filharmónica de Luxemburgo.


Paul Harald, viola
Estudou coa profesora Elfriede Messnr-Graf na Escola Superior de Música de Trossingen e con Silvia Marcovici e Wilfried Gödde na Escola Superior de Música de Saarbrücken. Desde 1989 membro da Orquestra da Radio Suroeste de Kaiserlautern.


Claudia Limperg, violonchelo
É solista de violonchelo na Orquestra Sinfónica de Göttinger. Desde 1987 é membro da Orquestra Sinfónica da Radio de Saarbrücken.


Holger Philipsen, contrabaixo
Membro da Nova Filharmónica Alemaña. Desde 2003 contrabaixista da Orquestra Sinfónica da Radio de Saarbrücker.


Stefan Zimmer, clarinete
Varias veces premiado co 1º premio do festival "Jugend Musiziert" pola 1. Teatro no Mundo Músikhochschule Detmonld. Integrante da Nova Filharmónica Alemaña.
Desde 1988 solista de clarinete interino no Teatro Estatal de Stuttgart. Desde 1989 clarinete interino da Orquestra da Radio de Saarbrücker.


Peter Arnold, trompa
É profesor na Escola Superior de Música de Heidelberg-Mannheim. Foi solista de trompa da Orquestra Filharmónica de Essen. Desde 1976 é solista na Orquestra da Radio do Suroeste de Alemaña.


Ulrich Rinderle, fagot
Premio de música de cámara da cidade de Colmar. Solista de Fagot na Orquestra Sinfónica de Wuppertal e na Orquestra da Radio de Saarbrücken.

Programa
W.A. Mozart (1756-1791)
Serenata para trompa de postillón "Posthorn" en Re Maior KV 320 (arranxos para Mithras-Oktett de N.A. Tarkmann), para 2 violíns, viola, violonchelo, contrabaixo, clarinete, trompa e fagot (26 min)
- Andante maestoso-Allegro con spirito
- Andantino
- Menuetto-Triol/Trioll
- Finale, Presto

Jean Francaix (1912-1997)
Octeto para clarinete, trompa, fagot, 2 violíns, viola, violonchelo e contrabaixo (22 min.)
- Moderato-Allegrissimo
- Scherzo-Trio
- Andante
- Mouvement de Valse

L. Van Beethoven (1770-1827)
Septimino en Mi bemol Maior op. 20 para violín, viola, violonchelo, contrabaixo, clarinete, trompa e fagot (45 min.)
- Adagio-Allegro con brio
- Adagio cantabile
- Tempo di Menuetto-Trio
- Tema con Varizioni, Andante
- Scherzo, Allegro molto e vivace-Trio
- Andante con moto alla Marcia-Presto

 
   

Patrocina: Deputación Provincial de Ourense
Colabora: Consellería de Cultura e Deporte - Fundación Caixa Galicia

VENDA DE ENTRADAS:
• Taquilla: O día antes de 11 a 13,30 horas , e unha hora antes da representación.
• No teléfono de Caixa Galicia 902 434 443
• Na páxina web www.caixagalicia.es

Prezo: 12 € (butaca/platea), 9 € (1º andar), 8 € (2º andar) e 7 € (paraíso e VR)

Desconto:
Carné Xove
Carné de estudante
Maiores de 65 anos
Desconto dun 20% sobre o prezo da entrada máis cara



         
 
PENTACIÓN presenta
"MENTIRAS, INCIENSO Y MIRRA"


 
Día 2 de marzo ás 20:00 horas
  Dirección: Juan Luis Iborra
Elenco: Jordi Rebellón, Elisa Matilla, Ana Pascual, Ángel Pardo, Jesús Cabrero, Marta Belenguer

 
 

Sinopse

Mentiras, incenso e mirra é o retrato dunha noite de Reis de seis amigos que levan moitos anos celebrando esa festa en común, facéndose regalos, contando anécdotas das súas vidas, revivindo un pasado que só eles entenden. Xa non son eses vinteaneiros cheos de ilusión e ideais, pero teñen morriña dese sentimento que aflora con total liberdade a noite de Reis. É moi probable que esta festa sexa o único que una ó grupo, por iso é tan importante para todos, aínda que o tempo haxa erosionado esa amizade enchéndoa de soidades, de mentiras e segredos que esta noite máxica de Reis sairán á luz.
   

Patrocina: Deputación Provincial de Ourense
Colabora: Consellería de Cultura e Deporte - Fundación Caixa Galicia

VENDA DE ENTRADAS:
• Taquilla: O día antes de 11 a 13,30 horas , e unha hora antes da representación.
• No teléfono de Caixa Galicia 902 434 443
• Na páxina web www.caixagalicia.es

Prezo: 12 € (butaca/platea), 9 € (1º andar), 8 € (2º andar) e 7 € (paraíso e VR)

Desconto:
Carné Xove
Carné de estudante
Maiores de 65 anos
Desconto dun 20% sobre o prezo da entrada máis cara


         
 
TEATRO DE ADRO presenta
"COMIDA CHINESA"
de Pedro Ángel Ramos

 
Días 8 e 9 de marzo ás 20:00 horas
  Director: Lino Braxe
Elenco: Mónica García, X.A. Porto "Josito"

 
 

Sinopse
Un violador e asasino en serie e a nai dunha das súas posibles vítimas xuntos nun apartamento. Ela foi a súa psiquiatra en prisión. El é o seu paciente favorito.
Unha relación imposible e enfermiza. O amor é a vinganza. O desastre é o éxtase. A vida. A morte é a doncela ou o silencio dos cordeiros. Un traballo diferente para un actor e para unha actriz. Un autor novo. Para sempre un desafío. Un tema nunca tratado no teatro feito en Galicia. Un combate dialéctico e físico nun só asalto. O soño da razón cría monstros de Goya.
Algún día morrerás, pero antes necesito coñecer algo da túa alma.

 
   

Patrocina: Deputación Provincial de Ourense
Colabora: Consellería de Cultura e Deporte - Fundación Caixa Galicia

VENDA DE ENTRADAS:
• Taquilla: O día antes de 11 a 13,30 horas , e unha hora antes da representación.
• No teléfono de Caixa Galicia 902 434 443
• Na páxina web www.caixagalicia.es

Prezo: 12 € (butaca/platea), 9 € (1º andar), 8 € (2º andar) e 7 € (paraíso e VR)

Desconto:
Carné Xove
Carné de estudante
Maiores de 65 anos
Desconto dun 20% sobre o prezo da entrada máis cara


         
 
COMPAÑÍA DE ZARZUELA
DEL MAESTRO JOSÉ MARÍA DAMUNT presenta

"LA TABERNERA DEL PUERTO"

 
Día 14 marzo ás 20:30 horas
  Director Musical: José María Damunt
Elenco:
Sopranos: Mª Angeles Damunt, Montserrat Giro
Barítono: Cristobal Viñas
Baixo: Manuel Garrido
Tenor: Albert Deprius
Coros y orquesta: "T
eatro lírico de Barcelona"

 
 

PABLO SOROZÁBAL (1897-1988)

Pablo Sorozábal naceu en San Sebastián o 18 de setembro de 1897. Chegou a ser un ilustre compositor e director de orquestra.
En 1931 estreou en Barcelona (Teatro Reina Victoria) a súa zarzuela Katiuska, na que Sorozábal, xa aplaudido como compositor de sinfonías e obras corais, revelouse como un mestre da técnica teatral e consolidou o seu nome, que desde entonces figura en primeira liña dos compositores contemporáneos. En 1932 estreou en Madrid.
Entre as súas obras figuran os sainetes: La del Manojo de Rosas (1934,Teatro Fuencarral), Don Manolito (1942, Teatro Reina Victoria) e a Eterna canción (1945); as zarzuelas Katiuska, La Tabernera del Puerto (1936, Teatro Tívoli, Barcelona), La guitarra de Fígaro, Black el Payaso (1942, Coliseum de Barcelona) e Los burladores (1948); a ópera chica Adiós a la bohemia (1933); a opereta La isla de las perlas (1933 Coliseum de Madrid) e as revistas Entre Sevilla y Triana (1950) e Brindis.
Ademais compuxo para orquestra: Capricho español (1921), Mendian y Txistulariak etc...
Aínda que o estilo de Sorozábal é ecléctico, cun rango de influencias que van desde Debussy e Puccini a Walton, Gershwin e os musicais de Hollywood, o estilo que integra todos estes elementos é en gran medida propio, sen que a súa vitalidade escénica ou o seu talento musical sexan inferiores ós de ninguén. Coa súa morte, en 1988, pechouse o último capítulo na historia da Zarzuela.

LA TABERNERA DEL PUERTO

“La Tabernera del Puerto” é unha das mellores obras do xénero grande. De dezaseis números musicais de que consta hai varios realmente atractivos: a escena introdutoria do primeiro acto que arranca cun coro de mariñeiros ("Eres blanca y hermosa") e no que destaca a intervención de Abel; o dúo cómico de Antigua e Chinchorro (Ven aquí, camastrón), páxina -como case sempre ocorre- afastada da liña argumental básica da obra, pero simpática e chispeante e, o dúo de Leandro e Marola (Todos lo saben).
O segundo acto é un dispendio de temas musicais pois contén nada menos que catro importantes romanzas protagonizadas por Marola, Juan de Eguía, Simpson e Leandro, respectivamente. A primeira é a célebre "En un país de fábula", na que a protagonista está acompañada por un coro a boca pechada; a de Juan de Egúia ("Con el chibiri, chibiri"), escrita despois da estrea para o lucimento de Marcos Redondo; a de Simpson ("Despierta negro") un dos máis grandes momentos da zarzuela escritos para a corda de baixo e a de Leandro ("No puede ser"), páxina que figura no repertorio de tódolos grandes tenores españois.

“La tabernera del puerto” é un verdadeiro drama lírico no que están retratados unha amable e namorada taberneira, un padre autoritario e violento, as envexas das mulleres da vila que descoñecen o pasado de Carola e ven na súa mocidade e beleza un perigo para a súa tranquilidade, o amor apaixonado dun mozo capaz de todo pola súa namorada e o paisaxe sonoro dun pequeno porto mariñeiro ó que chega o drama.
 
   

Patrocina: Deputación Provincial de Ourense
Colabora: Consellería de Cultura e Deporte - Fundación Caixa Galicia

VENDA DE ENTRADAS:
• Taquilla: O día antes de 11 a 13,30 horas , e unha hora antes do concerto.
• No teléfono de Caixa Galicia 902 434 443
• Na páxina web www.caixagalicia.es

Prezo: 12 € (butaca/platea), 9 € (1º andar), 8 € (2º andar) e 7 € (paraíso e VR)

Desconto:
Carné Xove
Carné de estudante
Maiores de 65 anos
Desconto dun 20% sobre o prezo da entrada máis cara


         
 
COMPAÑÍA DE ZARZUELA
DEL MAESTRO JOSÉ MARÍA DAMUNT presenta

"LA VERBENA DE LA PALOMA"


 
Día 15 marzo ás 20:00 horas
  Director Musical: José María Damunt
Elenco:

Soprano: Mª Angeles Damunt
Soprano dramática: Montserrat Giro
Barítono: Cristobal Viñas

Coros y orquesta "Teatro lírico de Barcelona"


 
 

"LA VERBENA DE LA PALOMA"

O xénero chico brillou, indubidablemente, na estrea de “La Verbena”, no Apolo, a noite do 17 de febreiro de 1894. Se sabe que os seus autores foron Ricardo de la Vega e o mestre Bretón e que representa o alcaloide do madrileñismo teatral do fin de século. Pero non como sucede noutras obras, pintoresco e recargado de maneira artificial, senón fluíndo con naturalidade, cunha figura e precisión extraordinaria. Ó lado de “La Verbena” palidecen tódalas demais.
A acción desenvólvese en Madrid, cara á fin do século XIX, ó atardecer e pola noite dun 14 de agosto. O boticario don Hilarión prepárase para ir á verbena. Informa ó seu amigo Sebastián que coñeceu a dúas bonitas irmás, unha morena e unha rubia e que non sabe cal de ámbalas dúas lle gusta máis. Escoitase desde a taberna ó mozo Julián; ama a Susana con ardor, pero ela xoga con el deixándose acompañar por un ancián.
A tía Antonia saíndo da súa casa coas súas dúas sobriñas, Susana e Casta, agardan a don Hilarión. Aparece o boticario de moi bo talante, ó ser benvido polas mulleres ordena moitas bebidas no café e moita música coa que o vello baila unha mazurca coas dúas irmás á vez. Julián interponse airado e a tía Antonia encirra ós cans contra el. Julián logra non obstante interpelar a Susana coa desconsolada e furiosa habanera "¿Onde vas con mantón de Manila?".
Don Hilarión chega á praza perturbado pola anterior disputa no café, reconfórtase cun vaso de xerez. Pouco máis tarde chega Julián con ira intensificada, toma erroneamente a unha parella de bailaríns por Hilarión e Susana e pretende botarlle encima á policía á tía Antonia, baixo acusación de alcaiotería. O escándalo do café repítese, Susana aparece en medio da confusión e confesa o seu amor por Julián.
Seguidamente todos continúan no baile.

 
   

Patrocina: Deputación Provincial de Ourense
Colabora: Consellería de Cultura e Deporte - Fundación Caixa Galicia

VENDA DE ENTRADAS:
• Taquilla: O día antes de 11 a 13,30 horas , e unha hora antes do concerto.
• No teléfono de Caixa Galicia 902 434 443
• Na páxina web www.caixagalicia.es

Prezo: 12 € (butaca/platea), 9 € (1º andar), 8 € (2º andar) e 7 € (paraíso e VR)

Desconto:
Carné Xove
Carné de estudante
Maiores de 65 anos
Desconto dun 20% sobre o prezo da entrada máis cara


         
 
ESCALANTE CENTRE TEATRAL Y NOVEMBRE EXPOSICIÓNS presentan
"DETRÁS DEL TELÓN"


 
Días 26, 27 y 28 marzo
 

 
Sinopse
O teatro son tres cousas: unha historia, alguén que a conta e outro que a observa, pero...¿Como nace e se desenvolve este acontecemento?¿Quen son os profesionais que o fan posible?
A exposición "Detrás del Telón": o revés da trama propón unha aproximación didáctica a todo o proceso de creación dunha montaxe teatral. Un percorrido desde a escritura do texto, a primeira lectura dramatizada, deseño de vestiario, construción de escenografía, probas de maquillaxe e peiteado, horas e máis horas de ensaios, ata chegar á trepidante noite da estrea.
Maquetas interactivas, crebacabezas, escenarios manipulables, cadros, proxeccións e ata espellos máxicos axudarán ó visitante a desvelar todo aquilo que se esconde "Detrás del Telón".

VISITAS GUIADAS
Paralelamente á exposición, ofértanse visitas guiadas efectuadas por monitoractrices que dramatizarán este singular viaxe ás entrañas do feito teatral. Ó público ó que van destinadas é tan amplo como se queira, xa que as monitoras adaptarán o contido das visitas dependendo do ámbito de idade, características e expectativas dos asistentes.

 

 
    Patrocina: Deputación Provincial de Ourense
Colabora: Consellería de Cultura e Deporte-Fundación Caixa Galicia


VENDA DE ENTRADAS:
• Taquilla: O día antes de 11 a 13,30 horas , e unha hora antes da exposición.
• No teléfono de Caixa Galicia 902 434 443
• Na páxina web www.caixagalicia.es

Prezo: 2 €

         
 
COMPAÑÍA DE TEATRO 40 PASOS presenta
"O RIDÍCULO DESAMOR
DUN HOME M
ÁIS OU MENOS NORMAL"


 
Día 29 de marzo a las 20:00 horas
  Director: José L Prieto
Elenco: Pablo Sánchez, Cristina Montero, Carlos Mosquera "MOS"

 
 

Sinopse
Este documento retrata el comportamento del macho humano después de la súbita desaparición de la hembra.Investigaciones realizadas sin base científica alguna por 40 PASOS llegaron a la conclusión que después de una ruptura amorosa la mujer se vuelve más atractiva que nunca y el hombe más patético que siempre.

 
   

Patrocina: Deputación Provincial de Ourense
Colabora: Consellería de Cultura e Deporte - Fundación Caixa Galicia

VENDA DE ENTRADAS:
• Taquilla: O día antes de 11 a 13,30 horas , e unha hora antes da representación.
• No teléfono de Caixa Galicia 902 434 443
• Na páxina web www.caixagalicia.es

Prezo: 8€ (butaca/platea), 8€ (1º andar), 7€ (2º andar) e 5€ (paraíso e VR)

Desconto:
Carné Xove
Carné de estudante
Maiores de 65 anos
Desconto dun 20% sobre o prezo da entrada máis cara


         
 
PÉREZ DE LA FUENTE PRODUCCIONES presenta
"¿DÓNDE ESTÁS ULALUME, DÓNDE ESTÁS?
"
de Alfonso Sastre


 
Día 30 de marzo a las 20:00 horas
  Director: Juan carlos Pérez de la Fuente
Elenco: Chete Lera, Zutoia Alarcia, Camilo Rodríguez

 
 

Sinopse
Fantástica reconstrucción de los últimos días de EDGAR ALLAN POE. El poeta se interna en la noche de la ciudad de Baltimore y pierde la conciencia, cercado por los fantasmas y los horrores del "delirium tremens". Ahogado en alcohol, en el inmenso estanque de la melancolía y la incomunicación, tras la pérdida definitiva de su querida Virginia, la mujer-niña, convertida en Ulalume en el bello y espantoso poema de Poe.

Un texto imprescindible de nuestro gran dramaturgo, Alfonso Sastre, con el que rinde homenaje de admiración a Edgar Allan Poe, un maldito y alcohólico.

 
   

Patrocina: Deputación Provincial de Ourense
Colabora: Consellería de Cultura e Deporte - Fundación Caixa Galicia

VENDA DE ENTRADAS:
• Taquilla: O día antes de 11 a 13,30 horas , e unha hora antes da representación.
• No teléfono de Caixa Galicia 902 434 443
• Na páxina web www.caixagalicia.es

Prezo: 12 € (butaca/platea), 9 € (1º andar), 8 € (2º andar) e 7 € (paraíso e VR)

Desconto:
Carné Xove
Carné de estudante
Maiores de 65 anos
Desconto dun 20% sobre o prezo da entrada máis cara


         
 
K PRODUCCIONES presenta
"CANTANDO BAJO LAS BALAS"
de Antonio Álamo


 
SUSPENDIDA POR ENFERMIDADE GRAVE DUN DOS ACTORES
  Dirección: Alvaro Lavín
Elenco:
Adolfo Fernández
Mariano Marín (pianista)

 
 

CANTANDO BAJO LAS BALAS narra en primeira persoa o primeiro acto oficial franquista da historia, que tivo lugar o 12 de outubro de 1936 no Paraninfo da Universidade de Salamanca e cuxo gran ausente foi, curiosamente, o mesmo Francisco Franco, que non obstante enviou en representación del á súa muller, dona Carmen Polo.
Alí figuraban outras personalidades, algunhas das cales as cita na obra, pero dous delas fixéronse co total protagonismo daquela mañá: o xeneral Millán Astray e don Miguel Unamuno, que para espanto de todos se enfrontaron cunha violencia inesperada, chegando case ás mans, ó punto de que este último estivo a punto de ser linchado polos lexionarios e os falanxistas presentes, algo que sen dúbida sucedería se non chega a media-la protección de dona Carmen Polo

 
   

Patrocina: Deputación Provincial de Ourense
Colabora: Consellería de Cultura e Deporte - Fundación Caixa Galicia

VENDA DE ENTRADAS:
• Taquilla: O día antes de 11 a 13,30 horas , e unha hora antes da representación.
• No teléfono de Caixa Galicia 902 434 443
• Na páxina web www.caixagalicia.es

Prezo: 12 € (butaca/platea), 9 € (1º andar), 8 € (2º andar) e 6 € (paraíso e VR)

Desconto:
Carné Xove
Carné de estudante
Maiores de 65 anos
Desconto dun 20% sobre o prezo da entrada máis cara


         
 

XIII  MITEU
Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense


Programa
Días 11 ao 25 de abril