TÍTULO:  CONCERTO ORQUESTRA DE CAMARA DA FILARMONICA DE COLONIA
GRUPO: Sergey Didorenko, violín; Adrián Pulido Bautista, oboe; Dimirij Gornowskij, violoncelo.

SINOPSE:

Xa sexa nos recónditos pobos australianos, os fiordos noruegueses ou a cidade cosmopolita de Berlín, a Filarmónica de Cámara de Colonia púxose como meta facer soar a música clásica en todo o mundo. Para esta tempada o calendario de concertos da F.d.C xa está completo. Uns 150 concertos daranse en Alemaña e en máis de 200 localidades internacionais, os fans do F.d.C xa están a espera de novos encontros musicais cos nosos talentos de excepción.

A F.d.C. foi fundada no 2003 en Colonia, cidade famosa internacionalmente polo seu conservatorio e os seus profesores de música. Aquí nas clases maxistrais dos profesores Viktor Tretjakov, Maria Kliegel, Robert Winn, Frans Helmerson, Zakhar Bron, Ralph Manno a F.D.C recruta constantemente os seus talentos. Xa son máis de 100 músicos que actúan en diversas formacións da F.d.C. Tras unha minuciosa selección componse os numerosos conxuntos, desde a orquestra de cámara até a orquestra sinfónica. E tras intensivos ensaios comezan as xiras e a aventura musical.

A nosa xira mundial levaranos a Nova Zelandia, Australia, España, Gran Bretaña e a través de toda Alemaña. Durante as preparacións pomos especial atención na selección das obras e dos nosos solistas. Grazas á especial individualidade dos solistas da orquestra, a Filarmónica de Cámara dálle a cada un dos seus músicos a posibilidade de presentarse como solista. A Filarmónica de Cámara ten como divisa que o seu repertorio se compoña das máis selectas obras. O especial atractivo do noso programa consiste na combinación de obras populares con outras menos coñecidas de diversas épocas musicais. Así actúan grandes mestres da música como Wolfgang Amadeus Mozart e Antonio Vivaldi en diálogo con obras desde Sergei Prokofieff até o rei do tango, Astor Piazolla. Esta mestura promete unha diversidade ao máis alto nivel.

En todo iso o noso obxectivo principal consiste en entusiasmar e promover a música clásica por todo o mundo!!


DÍA: 20 de setembro 
HORA: 21:00 horas.
DURACIÓN: 1 hora e 45 minutos
DESCANSO: Si
CLASIFICACIÓN: Música Clásica
PÚBLICO: Todos
TARIFA:

20€ - Butaca de Patio e Platea
17€ - 1º Andar
15€ - 2º Andar
12€ - Paraíso

10€ - V.R.


ORGANIZA: TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
PATROCINA: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, KAMMER PILHARMONIE

TAQUILLA DO TEATRO: 

  • O mesmo día da función de 12:00 h. a 14:00 h. 
  • Dúas horas antes de comezo da función

RESERVAS ON-LINE: 

  • Horario continuo

MODALIDADE DE PAGO: 

  • Tarxeta en reservas on-line
  • Tarxeta e efectivo en taquilla

AVISO IMPORTANTE: 

  • Nenos menores de 6 anos deberán ocupar: Butaca de Patio e Platea.
  • Nenos de 6 a 10 anos deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea e 1ª Andar.
  • Infórmase a todos os espectadores que adquiran a súa entrada a través de internet e precise ser cambiada na taquilla por entrada física, que deberán retirar a súa entrada no taquilla do Teatro o mesmo día da función en horario de 12:00 h a 14:00 h Unha vez comece a función non se despacharán entradas nin se poderá acceder o recinto.

VENTA ON-LINE: 

 

 

CONTACTO: 

        • A TAQUILLA: 902 504 500
        • WEB: www.ataquilla.com