TÍTULO:  FESTIVAL BLUES TP "VANESSA COLLIER BAND"
GRUPO: Vanessa Collier, saxo y voz; Sparky Parker, guitarra eléctrica; William Gorman, teclados; Nick Trautman, bajo eléctrico y Nick Stevens, batería.

SINOPSE:

VANESSA COLLIER: Compositora, vocalista, saxofonista e guitarrista, exerceu a docencia como profesora de música en escolas de Pennsylvania, Delaware e Maryland. Aos seus 34 anos foi distinguida xa con algúns dos premios máis importantes outorgados pola industria do Blues en Estados Unidos. Nas súas actuacións, coa súa poderosa e conmovedora voz, composicións enxeñosas e impresionantes rexistros de saxo, Vanessa ofrece un espectáculo moi enérxico combinándo Blues, Soul e Funk de alta voltaxe.

En 2014 publicou “Heart Soul & Saxophone”, o seu primeiro álbum de debut. Con este traballo como solista foi comparada con artistas da talla de Tedeschi Trucks Band e Bonnie Raitt. O interese que xerou o lanzamento do disco levouna a embarcarse nunha gran xira polos Estados Unidos a finais dese ano. Vanessa seguiu cultivando éxitos de público e crítica en todas as súas actuacións e en 2015 quedou finalista como “Mellor compositora” no concurso anual John Lennon Songwriting Competition en Nova York, e en 2016 chegou á final do concurso de talentos International Blues Challenge en Memphis.

En 2018 Vanessa volveu ser nomeada para os premios BMA nas categorias “Mellor artista feminina de Blues contemporáneo” e de novo “Mellor Saxofonista de Blues do ano”. No verán dese mesmo ano publicou “Honey Up”, o seu cuarto e último álbum até a data, presentándoo con moito éxito na actuación que ofreceu no Briggs Farm Blues Festival. O disco estivo durante nove semanas no primeiro posto da lista de álbums de Blues da prestixiosa revista Bilboard. Este pasado 9 de maio de 2019 volveu a ser nomeada por segundo ano consecutivo, “Mellor artista feminina de Blues Contemporáneo" e “Mellor Saxofonista do ano” nos premios BMA.


DÍA: 12 de outubro 
HORA: 22:00 horas.
DURACIÓN: 1 hora e 30 minutos
DESCANSO: Non
CLASIFICACIÓN: Blues
PÚBLICO: Adulto
TARIFA:

12€ - Entrada anticipada
15€ - Entrada en taquilla


ORGANIZA: TEATRO PRINCIPAL D EOURENSE
PATROCINA: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

TAQUILLA DO TEATRO: 

  • O mesmo día da función de 12:00 h. a 14:00 h. 
  • Dúas horas antes de comezo da función

RESERVAS ON-LINE: 

  • Horario continuo

MODALIDADE DE PAGO: 

  • Tarxeta en reservas on-line
  • Efectivo en taquilla

AVISO IMPORTANTE: 

  • Nenos menores de 6 anos deberán ocupar: Butaca de Patio e Platea.
  • Nenos de 6 a 10 anos deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea e 1ª Andar.
  • Infórmase a todos os espectadores que adquiran a súa entrada a través de internet e precise ser cambiada na taquilla por entrada física, que deberán retirar a súa entrada no taquilla do Teatro o mesmo día da función en horario de 12:00 h a 14:00 h Unha vez comece a función non se despacharán entradas nin se poderá acceder o recinto.

VENTA ON-LINE: 

 

 

CONTACTO: 

        • A TAQUILLA: 902 504 500
        • WEB: www.ataquilla.com