TÍTULO:  SPIRIT OF NEW ORLEANS GOSPEL CHOIR “WHEN THE SAINTS GO MARCHIN´IN”

SINOPSE:

UNHA HOMENAXE Á CIDADE DAS CANCIÓNS, BERCE DO JAZZ, ESPÍRITO DO GOSPEL, CASA DO ROCK & ROLL, BELEZA, SENTIMENTO, DIVERSIÓN.

SPIRIT OF NEW ORLEANS GOSPEL CHOIR, unha formación vinculada ao 9th Ward, o barrio máis castigado polo furacán Katrina, presenta en Europa “WHEN THE SAINTS GO MARCHIN´ IN”, unha sentida homenaxe á cidade onde sempre hai música no aire. Berce do Jazz, Espírito do Gospel, Casa do Rock & Roll. Con rúas con nomes de cancións, Bourbon, Basin, Perdido, e barrios onde naceron moitas das grandes estrelas do século XX. Louis Armstrong, Mahalia Jackson, Fats Domino.

“WHEN THE SAINTS GO MARCHIN´ IN” é unha mostra vibrante da tradición musical da cidade, unha viaxe de ida e volta desde as orixes en Congo Square ao presente dos desfiles con ritmos de hip hop e citas especiais para as melodías que se tararearon en todo o mundo: “What A Wonderful World”, “Just A Closer Walk”, “When the Saints Go Marching In”.

SPIRIT OF NEW ORLEANS GOSPEL CHOIR e Nova Orleans son formas distintas de dicir o mesmo. O 9th Ward ou Distrito 9 é o tabasco que dá sabor á historia da cidade e o barrio onde naceron e formáronse profesionalmente os compoñentes de SONO. Cando creceron fixeron do mundo o seu escenario, pero onde queira que van levan consigo a música da súa cidade, o seu ritmo de second line, a súa pulsación funky, o seu son R&B, todo o que define o gospel dos SONO e de Nova Orleans, Luisiana.


DÍA: 15 de decembro 
HORA: 19:00 horas.
DURACIÓN: 1 hora e 30 minutos
DESCANSO: Non
CLASIFICACIÓN: Gospel
PÚBLICO: Adulto
TARIFA:

22€ - Butaca de Patio e Platea
20€ - 1º Andar
20€ - 2º Andar
15€ - Paraíso e VR


ORGANIZA: TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
PATROCINA: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

TAQUILLA DO TEATRO: 

  • O mesmo día da función de 12:00 h. a 14:00 h. 
  • Dúas horas antes de comezo da función

RESERVAS ON-LINE: 

  • Horario continuo

MODALIDADE DE PAGO: 

  • Tarxeta en reservas on-line
  • Tarxeta e efectivo en taquilla

AVISO IMPORTANTE: 

  • Nenos menores de 6 anos deberán ocupar: Butaca de Patio e Platea.
  • Nenos de 6 a 10 anos deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea e 1ª Andar.
  • Infórmase a todos os espectadores que adquiran a súa entrada a través de internet e precise ser cambiada na taquilla por entrada física, que deberán retirar a súa entrada no taquilla do Teatro o mesmo día da función en horario de 12:00 h a 14:00 h Unha vez comece a función non se despacharán entradas nin se poderá acceder o recinto.

VENTA ON-LINE: 

 

 

CONTACTO: 

        • A TAQUILLA: 902 504 500
        • WEB: www.ataquilla.com