TÍTULO:  CONCERTO DE NADAL “ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA”
DIRECTOR MUSICAL: Dima Slobodeniouk

SINOPSE:

Creada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Palacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) é unha das agrupacións orquestrais de maior proxección en España ademais dunha marca internacional con seguidores nos cinco continentes a través da súa canle de YouTube.

A OSG, cuxo director titular desde a tempada 2013-14 é Dima Slobodeniouk e Víctor Pablo Pérez o seu director honorario, foi orquestra residente do Festival Rossini de Pésaro de 2003 a 2005 e do Festival Mozart da Coruña desde a súa creación en 1998. Ademais a súa presenza nacional e internacional foi constante, con concertos nas mellores salas en España e con varias xiras por Alemaña e Austria. En 2007 realizou unha xira por América do Sur - con concertos en Chile, Arxentina, Brasil, Uruguai e Montevideo-, a finais de 2009 presentouse na histórica sala do Musikverein de Viena e en 2016 ofreceu dous concertos nos Emiratos Árabes.

Tanto para os seus concertos internacionais como para os seus programas de abono a OSG conta con solistas como Anne-Sophie Mutter, Isabelle Faust, Maurizio Pollini, Krystian Zimerman, Grigory Sokolov, Frank Peter Zimmermann, Maria Joao Pires, Elisabeth Leonskaja, Dmitri Sitkovetsky, Stefan Dohr, Alica Sara Ott, Gil Shaham, Sarah Chang, Leonidas Kavakos, Arcadi Volodos, Mischa Maisky, Javier Perianes ou Christian Lindberg entre outros moitos.

Con ela cantaron Bryn Terfell, Ewa Podles, Plácido Domingo, Juan Diego Flórez, Simon Lestes, Leo Nucci, Alfredo Kraus, Teresa Berganza, María Bayo, Ainhoa Arteta, Mirella Freni, Ann Murray, Amanda Roocroft, Ildar Abdrazakov, Hildegard Behrens, Eva Marton, Giuseppe Giacomini, Philip Langridge, Carlos Chausson, Raúl Giménez, Isabel Rei, Carlos Álvarez, Ana María Sánchez ou Giuseppe Sabbatini, e sempre baixo a batuta de mestres como Gutavo Dudamel, Lorin Maazel, Eliahu Inbal, Neville Marriner, Michail Jurowski, Ton Koopman, Guennadi Rozdestvenski, Libor Pesek, Maurizio Pollini, Christoph Eschenbach, James Judd, Stanislaw Skrowaczeski, Richard Egarr, Daniel Harding, Jesús López Cobos, Osmo Vänskä, Alberto Zedda, Yoav Talmi, Raymond Leppard, Carlo Rizzi, Josep Pons, John Nelson, Gianandrea Noseda, Ron Goodwin ou Manfred Honeck entre outros.

PROGRAMA:

Pēteris Vasks (Aizpute-Letonia 1946) Música serena (55’): Andante moderato

Johann Sebastian Bach (1685-1750) Concierto de Brandenburgo n.5 (23’) Allegro, Affettuoso, Allegro

Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791) Sinfonía n. 29: Allegro moderato, Andante, Menuetto: Allegretto – Trio, Allegro con spirito


DÍA: 19 de decembro 
HORA: 20:00 horas.
DURACIÓN: 2 horas
DESCANSO: Si
CLASIFICACIÓN: Música Clásica
PÚBLICO: Todos
TARIFA:

15€ - Butaca de Patio e Platea
15€ - 1º Andar
12€ - 2º Andar
10€ - Paraíso e VR


ORGANIZA: TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
PATROCINA: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

TAQUILLA DO TEATRO: 

  • O mesmo día da función de 12:00 h. a 14:00 h. 
  • Dúas horas antes de comezo da función

RESERVAS ON-LINE: 

  • Horario continuo

MODALIDADE DE PAGO: 

  • Tarxeta en reservas on-line
  • Efectivo en taquilla

AVISO IMPORTANTE: 

  • Nenos menores de 6 anos deberán ocupar: Butaca de Patio e Platea.
  • Nenos de 6 a 10 anos deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea e 1ª Andar.
  • Infórmase a todos os espectadores que adquiran a súa entrada a través de internet e precise ser cambiada na taquilla por entrada física, que deberán retirar a súa entrada no taquilla do Teatro o mesmo día da función en horario de 12:00 h a 14:00 h Unha vez comece a función non se despacharán entradas nin se poderá acceder o recinto.

VENTA ON-LINE: 

 

 

CONTACTO: 

        • A TAQUILLA: 902 504 500
        • WEB: www.ataquilla.com