TÍTULO:  CICLO ENCLAVE DE CÁMARA “CUARTETO TALICH E NOELIA RODILES”
GRUPO: Jan Talich, violín; Roman Patočka, violín; Radim Semidubsky, viola; Petr Prause, violonchelo; Noelia Rodiles, piano

SINOPSE:

Regresa ao Enclave de Cámara Noelia Rodiles, estivera na III tempada co Trío Lorca –feb. 2016 – e volta agora consolidando a súa traxectoria acompañada do Cuarteto Talich.

Considerado durante moitos anos como un dos mellores cuartetos de corda do mundo. Famoso por representar a Música Checa por Europa, América e Oriente,e con grabación das obras completas de Mozart, Beethoven recibindo numerosos premios internacionais como “Diapasson d’Or”, “Grand Prix du Disque”, “Diapasson du siecle”, “Gold Disque” de Supraphon.

O Cuarteto Talich foi fundado en 1964 por Jan Talich durante os seus estudios no Conservatorio de Praga, sendo el mesmo sobriño do coñecido director de Orquesta Vaclav Talich titular da Orquesta Filarmónica Checa, en 1990 mudou gradualmente tódolos integrantes do cuarteto, dando como resultado un xoven cuarteto con J. Talich, R. Patocka, R. Demidubsky e P. Prause que, continúan a tradición dos seus predecesores. O cuarteto continúa a tocar con grande éxito en Europa, Xapón, Estados Unidos, Sudamérica invitados en prestixiosos festivais como Festival de Prades, Festival Europalia, Printemps des Arts de Monte Carlo, Vargas Tibor en Sion, Festival de Primavera de Praga, Festival Internacional de Cuarteto de Cordas en Ottawa. Foi contactado pola fundación USC Shoah fundada por Steven Spielberg para traballar na grabación de obras de compositores clásicos para o documental sobre o holocausto “Infierno na Terra”.

Actualmente ten un amplo repertorio que inclúe dende os clásicos tradicionais ate Berg, Schoenberg, Bartok e Schostakovich do s.XX. “Un pianismo tan delicado como afirmativo: o sentido da medida na perfección del matiz “ (Santiago Martín Bermúdez, “El arte de la fuga”) Formada nos conservatorios de Avilés, Madrid e Berlín na Escola Superior de Música Reina Sofía de Madrid con Dimitri Bashkirov e Claudio Martínez Mehner, obtivo o premio a “alumna más sobresaliente” nas cátedras de piano e música de cámara. Ten recibido clases maxistrais de Daniel Barenboim, Joaquín Achúcarro, Salomon Mikowski, Joaquín Soriano, Galina Eguiazarova, Elisso Virsaladze e Josep M. Colom entre outros. A súa traxectoria inclúe concertos nas principais salas de España así como presentación en Alemaña, Italia, México, Francia, Polonia, Túnez, Bolivia e Xordania. Como solista ten tocado con Orquesta da Comunidade de Madrid, Sinfónica do Principado de Asturias, Orquesta Heinrich Heine de Düsseldof, Filarmónica de Querétaro (México), The Soloists of London…etc.

A sua calidade musical recoñecida en concursos nacionais e internacionais de piano como “Rotary Club” de Palma de Mallorca, “Ricard Viñes” de Lleida, Concurso Nacional de Piano “Ciudad de Albacete”, “Concurso Permanente de Jóvenes Intérpretes” de Juventudes Musicales de España na especialidade de música de cámara, ten sido calificada como “un dos máis sólidos valores do pianismo español e do pianismo internacional”. O seu primeiro traballo discográfico obtivo o recoñecemento de “Excepcional do mes” da revista Scherzo.

PROGRAMA DO CONCERTO

I Parte.

- J. Kalliwoda (1801-1866) Cuarteto de cuerda nº 2 en la mayor op. 62 [18’] Allegro vivace | Scherzo. Presto | Adagio |Vivace

- Antonín Dvorák (1841-1904) Cuarteto de cuerda op. 96 “Americano” [25’] Allegro ma non troppo | Lento | Molto vivace | Finale: vivace ma non troppo

II Parte.

- Robert Schumann (1810-1856) Quinteto en Mi bemol mayor, op. 44[ 35’] Allegro brillante | In modo d'una marcia, un poco largamente | Scherzo: Molto vivace | Finale: Allegro ma non troppo


DÍA: 10 de outubro 
HORA: 20:00 horas.
DURACIÓN: 1 hora e 30 minutos
DESCANSO: Non
CLASIFICACIÓN: Música clásica
PÚBLICO: Todos
TARIFA:

8€ - Butaca de Patio e Platea
8€ - 1º Andar
7€ - 2º Andar
5€ - Paraíso e VR


ORGANIZA: TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
PATROCINA: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, CONCELLO DE OURENSE

TAQUILLA DO TEATRO: 

  • O mesmo día da función de 12:00 h. a 14:00 h. 
  • Dúas horas antes de comezo da función

RESERVAS ON-LINE: 

  • Horario continuo

MODALIDADE DE PAGO: 

  • Tarxeta en reservas on-line
  • Tarxeta e efectivo en taquilla

AVISO IMPORTANTE: 

  • Nenos menores de 6 anos deberán ocupar: Butaca de Patio e Platea.
  • Nenos de 6 a 10 anos deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea e 1ª Andar.
  • Infórmase a todos os espectadores que adquiran a súa entrada a través de internet e precise ser cambiada na taquilla por entrada física, que deberán retirar a súa entrada no taquilla do Teatro o mesmo día da función en horario de 12:00 h a 14:00 h Unha vez comece a función non se despacharán entradas nin se poderá acceder o recinto.

VENTA ON-LINE: 

 

 

CONTACTO: 

        • A TAQUILLA: 902 504 500
        • WEB: www.ataquilla.com