TÍTULO:  “COMEDIA AQUILANA”
AUTOR:  Bartolomé de Torres Naharro
DIRECCIÓN:  Ana Zamora
COMPAÑIA:  Compañía Nacional de Teatro Clásico – Nao D´amores
ELENCO: Silvia Acosta, María Besant / Irene Serrano, Javier Carramiñana, Juan Meseguer, Belén Nieto, Alejandro Saá, María Alejandra Saturno, Isabel Zamora

SINOPSE:

A Compañía Nacional de Teatro Clásico:

A CNTC é unha unidade de produción do INAEM (Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música) que depende do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Creada por Adolfo Marsillach en 1986, é a institución de referencia na recuperación, preservación, produción e difusión do patrimonio teatral anterior ao século XX, con especial atención ao Século de Ouro e á prosodia do verso clásico.

Nos seus case 30 anos de historia a Compañía levou a cabo máis de 85 producións que viaxaron non só por todo o estado español, senón tamén por moitos lugares de Europa e América, afianzando coa súa presenza neles, a vontade de difusión do noso patrimonio dramático.

COMEDIA AQUILANA: A historia vira ao redor dos amores do escudeiro Aquilano e a princesa Felicina, filla do Rei Bermudo.

Durante o encontro nocturno dos amantes, Aquilano, ferido de amores, cae ao xardín sendo descuberto polos hortelanos Dandario e Galterio, que alertan ao rei. Os médicos de palacio diagnostican o seu mal de amores pola princesa, e Bermudo quere ordenar a súa morte.

O criado Faceto revela entón que en realidade Aquilano é fillo do rei de Hungría, o que fai que o rei renuncie á vinganza e autorice a voda. Felicina, en tanto, sae ao xardín a suicidarse, pero a criada Dileta chega coas boas noticias e evita a súa morte. Todos os personaxes aparecen en escena e a obra conclúe co abrazo dos futuros esposos.

PREMIO MAX 2019 AO MELLOR DESEÑO DE VESTIARIO


DÍA: 30 de novembro 
HORA: 20:00 horas.
DURACIÓN: 1 hora
DESCANSO: Non
CLASIFICACIÓN: Teatro
PÚBLICO: Adulto
IDIOMA: Castelán
TARIFA:

20€ - Butaca de Patio e Platea
20€ - 1º Andar
15€ - 2º Andar
12€ - Paraíso e VR


ORGANIZA: TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
COORGANIZA: PROYECTO PLATEA (INAEM)
PATROCINA: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, INAEM

TAQUILLA DO TEATRO: 

  • O mesmo día da función de 12:00 h. a 14:00 h. 
  • Dúas horas antes de comezo da función

RESERVAS ON-LINE: 

  • Venda habilitada ata o mesmo día da representación da función
  • Horario continuo

MODALIDADE DE PAGO: 

  • Tarxeta en reservas on-line
  • Tarxeta e efectivo en taquilla

AVISO IMPORTANTE: 

  • Nenos menores de 6 anos deberán ocupar: Butaca de Patio e Platea.
  • Nenos de 6 a 10 anos deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea e 1ª Andar.
  • Infórmase a todos os espectadores que adquiran a súa entrada a través de internet e precise ser cambiada na taquilla por entrada física, que deberán retirar a súa entrada no taquilla do Teatro o mesmo día da función en horario de 12:00 h a 14:00 h Unha vez comece a función non se despacharán entradas nin se poderá acceder o recinto.

VENTA ON-LINE: 

 

 

CONTACTO: 

    • A TAQUILLA: 902 504 500
    • WEB: www.ataquilla.com