TÍTULO:  “TODAS HIEREN Y UNA MATA”
AUTOR:  Álvaro Tato
DIRECCIÓN:  Yayo Cáceres
COMPAÑIA:  AY Teatro
ELENCO: Alba Banegas, Antonio Hernández, Sol López, Carlos Lorenzo, Diego Morales

SINOPSE:

A PRIMEIRA COMEDIA EN VERSO DO SÉCULO XXI.

Unha obra única: creada en verso á maneira dos grandes autores do Século de Ouro segundo as formas estróficas e métricas expostas pola “comedia nova” de Lope de Vega, “Todas hieren y una mata” viaxa entre o século XXI e o século XVII para falarnos do paso do tempo, os recunchos do amor e o desexo e o prezo da conquista da liberdade da muller.

Unha reinvención orixinal da comedia de capa e espada, o gran xénero cultivado por Lope, Calderón e Tirso, con todos os seus elementos formais postos en xogo ao servizo dunha trama de viaxes no tempo, duelos de honra, equívocos, enredos amorosos, maxia... e personaxes recreados a partir dos personaxes craves do teatro clásico: a dama, o galán, o corrixidor, a bruxa, o gracioso...

A OBRA

O galán don Daniel e o seu criado Pico, perseguidos polo corrixidor tras fuxir da casa da nova Aurora, atopan no bosque a unha bruxa que lles salva cos seus feitizos para viaxar polo tempo. Ao longo das súas viaxes temporais tentarán namorar a Aurora, que garda un segredo: é unha dama lectora cunha biblioteca enterrada no seu xardín. E errando o seu camiño máxico, criado e cabaleiro chegarán ao século XXI, onde unha misteriosa profesora axudaralles na súa aventura amorosa...


DÍA: 5 de decembro 
HORA: 20:00 horas.
DURACIÓN: 1 hora e 30 minutos
DESCANSO: Non
CLASIFICACIÓN: Teatro
PÚBLICO: Adulto
IDIOMA: Castelán
TARIFA:

20€ - Butaca de Patio e Platea
20€ - 1º Andar
15€ - 2º Andar
12€ - Paraíso e VR


ORGANIZA: TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
PATROCINA: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, AGADIC

TAQUILLA DO TEATRO: 

  • O mesmo día da función de 12:00 h. a 14:00 h. 
  • Dúas horas antes de comezo da función

RESERVAS ON-LINE: 

  • Horario continuo

MODALIDADE DE PAGO: 

  • Tarxeta en reservas on-line
  • Tarxeta e efectivo en taquilla

AVISO IMPORTANTE: 

  • Nenos menores de 6 anos deberán ocupar: Butaca de Patio e Platea.
  • Nenos de 6 a 10 anos deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea e 1ª Andar.
  • Infórmase a todos os espectadores que adquiran a súa entrada a través de internet e precise ser cambiada na taquilla por entrada física, que deberán retirar a súa entrada no taquilla do Teatro o mesmo día da función en horario de 12:00 h a 14:00 h Unha vez comece a función non se despacharán entradas nin se poderá acceder o recinto.

VENTA ON-LINE: 

 

 

CONTACTO: 

    • A TAQUILLA: 902 504 500
    • WEB: www.ataquilla.com