TÍTULO:  "LÁZARO DE TORMES"
AUTOR:  Juan Rodríguez sobre texto anónimo
DIRECCIÓN:  Pablo Sánchez e Laura Sarasola
COMPAÑIA:  Pedras de Cartón
ELENCO:  Xosé Manuel Esperante,Xosé Vilarelle, Juan Rodríguez

SINOPSE:

Pedras de cartón naceu na Coruña, cunha visión aberta ao exterior, coa intención de crear espectáculos de Galicia que poidan chegar á maior cantidade de público posible.

A empresa é creada por Juan Rodríguez, con ampla experiencia en teatro para nenos e novos, fundador de Caramuxo teatro.

O obxectivo principal da compañía é revisar e reinterpretar os clásicos da literatura galega, española e universal para as novas xeracións, creados para todos os públicos e utilizando diversas disciplinas. A compañía naceu co seu primeiro espectáculo "Lázaro de Tormes" contado, por primeira vez, sen palabras. Pedras de Cardón presenta "LÁZARO de Tormes", un espectáculo baseado no coñecido clásico da literatura, contado por primeira vez case sen palabras.

Un espectáculo para toda a familia narrado en clave de comedia a través dun coidadoso traballo de máscaras dirixido por Pablo Sánchez e Laura Sarasola e unha banda sonora orixinal creada por David González. O elenco formado por Xosé Esperante, Xosé Vilarelle e Juan Rodríguez da forma a cada un das pasaxes máis coñecidas desta historia universal da picaresca española.

Unha forma de presentar o amor polo teatro clásico aos máis pequenos da casa.


DÍA: 26 de decembro 
HORA: 17:00 horas.
DURACIÓN: 50 minutos
DESCANSO: Non
CLASIFICACIÓN: Teatro/Xestual
PÚBLICO: Familiar a partir de 5 anos
IDIOMA: Galego
TARIFA:

4€ - Entrada única


ORGANIZA: TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
PATROCINA: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, AGADIC

TAQUILLA DO TEATRO: 

  • Dúas horas antes de comezo da función

MODALIDADE DE PAGO: 

  • Efectivo en taquilla

AVISO IMPORTANTE: 

  • Nenos menores de 6 anos deberán ocupar: Butaca de Patio e Platea.
  • Nenos de 6 a 10 anos deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea e 1ª Andar.
  • Infórmase a todos os espectadores que adquiran a súa entrada a través de internet e precise ser cambiada na taquilla por entrada física, que deberán retirar a súa entrada no taquilla do Teatro o mesmo día da función en horario de 12:00 h a 14:00 h Unha vez comece a función non se despacharán entradas nin se poderá acceder o recinto.