TÍTULO:  "DESPOIS DAS ONDAS" - FITO 2020
DIRECCIÓN:  Xavier Castiñeira
COMPAÑIA:  Butaca Zero
ELENCO: Belén Constenla, Nerea Brey, Sonsoles Cordón, Roi Fernández, Beatriz de Vega e Ernesto Is

SINOPSE:

Despois da guerra, do exilio, da morte, do éxito, da soidade, do amor; despois de corenta anos, María Casares regresa á patria da súa infancia nunha xira teatral. A nena medrou para converterse na gran actriz da escena e do cinema francés, no símbolo da España refuxiada, no recordo dunha Galicia perdida na brétema do pasado. Será precisamente nesa néboa onde a gran Casares deberá perderse para atopar o significado dunha vida chea de éxitos e perdas, onde as pantasmas que resoan na súa memoria axudarana a responder á verdadeira razón desta viaxe: quen é María?. Nesta peza mesturando cine en directo, teatro e música poderemos percorrer os lugares e momentos da vida de María Casares na súa viaxe de retorno tras corenta anos de exilio.


DÍA: 23 de outubro 
HORA: 20:00 horas.
CLASIFICACIÓN: Teatro
PÚBLICO: Adulto
IDIOMA: Todos
TARIFA:

8€ - Entrada única
5€ - Estudantes, xubilados e persoas en situación de desemprego


ORGANIZA: SARABELA TEATRO, TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
PATROCINA: DEPUTACIÓN DE OURENSE, UNIVERSIDADE DE VIGO - CAMPUS DE OURENSE, AGADIC

TAQUILLA DO TEATRO: 

  • Unha hora antes do comezo da función

MODALIDADE DE PAGO: 

  • Efectivo en taquilla