TÍTULO:  "EDUARDO II OJOS DE NIEBLA"
AUTOR:  Alfredo Cernuda
DIRECCIÓN:  Jaime Azpilicueta
COMPAÑIA:  "La Nariz de Cyrano" en colaboración con Contubernio y Pentación
ELENCO: José Luis Gil, ana Ruiz, Ricardo Joven, Carlos Heredia, Manuel Galiana

SINOPSE:

Ojos de Niebla recrea a vida do rei Eduardo II de Inglaterra; pero o que a primeira ollada pode parecer un drama histórico, con toda a carga cultural que iso representa, transfórmase en algo máis. É unha historia de amor, de odio, de paixón, de loita polo poder, en definitiva,  na nosa historia.

Ojos de Niebla narra o amor incontido de Eduardo II por Hugo LeDespenser, o resentimento da súa esposa, a raíña Isabel, humillada polos amores que o seu marido lle nega; o odio de Mortimer, Barón de Wigmore, que lle empuxa a conquistar á raíña no seu afán de posuír algo máis que a coroa; as intrigas da Igrexa para acrecentar a súa poder e coroar reis que sexan fieis aos seus propósitos; a ambición dun banqueiro xudeu decidido a prestar diñeiro a amigos e inimigos con tal de enriquecerse; a loita de dúas relixións por permanecer á sombra dos poderosos.

Quizá o máis importante que reflicte a obra é a súa tremenda actualidade: a Igrexa continúa condenando a liberdade sexual, as relixións continúan sementando o mundo de fanatismo e dor, e o poder do diñeiro somete máis que nunca a vontade dos pobos. É curioso que uns feitos ocorridos en 1327, sete séculos máis tarde, teñan tanta vixencia. Calquera xornal ou programa de noticias, asáltanos a diario coas débedas dos estados, co atentado sanguento dalgunha facción terrorista, ou coa negación de dereitos a persoas que simplemente teñen gustos diferentes. A xente que leu Ollos de Néboa, resalta que podería ser un drama actual só con cambiar os nomes dos personaxes.

En resumo, Eduardo II Ollos de Néboa é a nosa historia, a nosa vida, o demais? o demais é literatura.


DÍA: 13 de decembro 
HORA: 19:00 horas.
DURACIÓN: 1 hora e 30 minutos
DESCANSO: Non
CLASIFICACIÓN: Teatro
PÚBLICO: Adulto
IDIOMA: Castelán
TARIFA:

20€ - Butaca de Patio e Platea
20€ - 1º Andar
15€ - 2º Andar
12€ - Paraíso e VR


ORGANIZA: TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
PATROCINA: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

TAQUILLA DO TEATRO: 

  • O mesmo día da función de 12:00 h. a 14:00 h. 
  • Dúas horas antes de comezo da función

RESERVAS ON-LINE: 

  • Venda habilitada ata o mesmo día da representación da función
  • Horario continuo

MODALIDADE DE PAGO: 

  • Tarxeta en reservas on-line
  • Efectivo en taquilla

AVISO IMPORTANTE: 

  • SEGÚN O DOGA DO 3 DE DECEMBRO SÓ PERSOAS CONVIVINTES PODEN SENTARSE XUNTOS. AS ZONAS DO TEATRO PRINCIPAL HABILITADAS PARA SENTARSE XUNTOS OS CONVIVENTES SON AS SEGUINTES: PALCOS 1º ANDAR E PALCOS 2º ANDAR

AVISO IMPORTANTE: 

  • Nenos menores de 6 anos deberán ocupar: Butaca de Patio e Platea.
  • Nenos de 6 a 10 anos deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea e 1ª Andar.
  • Infórmase a todos os espectadores que adquiran a súa entrada a través de internet e precise ser cambiada na taquilla por entrada física, que deberán retirar a súa entrada no taquilla do Teatro o mesmo día da función en horario de 12:00 h a 14:00 h Unha vez comece a función non se despacharán entradas nin se poderá acceder o recinto.

VENTA ON-LINE: 

 

 

CONTACTO: 

      • A TAQUILLA: 902 504 500
      • WEB: www.ataquilla.com