PRESENTACION "XIII FESTIVAL BLUES TEATRO PRINCIPAL"

 

 

 

 

 

 

 

Hoxe mercores tivo lugar a presentacion do "XIII FESTIVAL BLUES TEATRO PRINCIPAL", que terá lugar os días 4 e 5 de novembro. Esta nova edición abarca ademais de concertos, Master Class e Jam Sessions. Na presentación estiveron presentes D. Rosendo Luis Fernández Fernández, Vicepresidente da Excma. Deputacion Provincial de Ourense; D. Alfonso Cito, Productor; D. Javier Casares Mouriño, Presidente de El Liceo de Ourense); D. Jaime Pereira, Secretario General CEO; Dña. Olga Mojón Costela, Directora do Teatro Principal de Ourense.

Os actos desenvolveranse nos distintos recintos reservados para esta edicion:

• TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE: Concertos, venres día 4 de novembro ás 21:00 h. e sábado día 5 de nonvembro ás 22:00 h.

• CONFEDERACIÓN EMPRESARIAL DE OURENSE (CEO) Patio Central (Praza das Damas, 1): Mastres Class, días 4 e 5 de novembro ás 19:00 h.

• EL LICEO DE OURENSE: Jam Sessions, días 4 e 5 de novembro ás 00:00 horas (o remate dos concertos no Teatro Principal de Ourense). O acceso será gratuito. As entradas estarán dispoñibles na taquilla do Teatro Principal de Ourense e El Liceo de Ourense. Terán prioridade as persoas con entrada ós concertos e os participantes nas Master Class.

As persoas que queiran participar nas Master Class terán que cumprimentar unha ficha que poderan recoller nas oficinas do Teatro Principal(en horario de oficina de 8:30 h. a 14:30 h.), ou descargala dende a nosa paxina web dende a pestaña descargas (documentos técnicos). O prezo sera de 1€ para as persoas que desexen participar, as fichas debidamente cumprimentadas deberán entregarse nas oficinas do Teatro Principal.