PRESENTACION PROGRAMACION SEGUNDO SEMESTRE 2018

 

A programación da segunda tempada de 2018 presentouse ós medios de comunicación o mércores, día 5 de setembro e dende o mesmo día poderase consultar na nosa páxina web: www.teatroprincipalourense.com.

Informámoslles que a venda de abonos terá lugar entre os días 5 ó 14 de setembro de 2018, a través dos seguintes sistemas:

- Taquilla do teatro (12:00h a 14:00h)

- Teléfono: 902.504.500

- Sala de Exposición Afundación Ourense

- Central de Espectáculos de Vigo

- Sede Afundación A Coruña

- Sede Afundación de Santiago de Compostela.

Os abonados disfrutarán dun desconto do 10% en toda a sala, disporán do mesmo asento durante toda a tempada, recibirán no seu domicilio ou via mail a programación mensual e informaráselle doutras novas que poidan surxir durante o semestre A compra de entradas para cada espectáculo poderase realizar dende o día 15 de setembro de 2018 nas páxinas web. www.teatroprincipalourense.com, www.ataquilla.com, teléfono 902.504.500, na taquilla do teatro o día da función, en horario habitual de 12:00h a 14:00h e dúas hora antes da función e nos espazos anteriormente sinalados.

Como espectador con abono durante o primeiro semestre de 2018, informarlle da posibilidade de manter o mesmo abono do anterior semestre. De estar interesado precisamos realice a súa reserva no teléfono 988.317.960 (horario de 9:00 a 14:00h de luns a venres, preguntando por Edesio/Rosa) e a través do correo  Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. , indicando seu nome, teléfono e localidade/s correspondente/s o seu abono. SÓ PODEN ACCEDER A ESTA POSIBILIDADE ESPECTADORES POSEEDORES DE ABONO EN TEMPADA ANTERIOR E QUE REALICEN A SUA RESERVA OS DÍAS 5 ó 12 DE SETEMBRO.