PRESENTACION " AS LARANXAS MAIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS"

As laranxas máis laranxas de todas as laranxas está considerada como unha das principais contribucións de Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002) ao ámbito da literatura infantil e xuvenil. Dela, o seu autor dicía que era "un disparate continuo de movemento e fantasía" que inaugurou, ademais, o teatro destas características na literatura infantil galega.

A obra presentouse onte martes no Teatro Principal, aos medios de comunicación que contou coas intervencións do conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez Abad; Xavier Casares, irmán de Carlos Casares e presidente da Fundación que leva o seu nome; José Caldas, director do espectáculo; Manuel Guede, director do CDG; Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación e Olga Mojón, directora do Teatro Principal, así como os actores da obra.

A obra estréase este venres dia 3 de outubro, no Teatro Principal de Ourense. Haberá unha única función ás 20:30 horas e a entrada é por convite,  as persoas interesadas en asistir deberán chamar ao teléfono: 981-581.111.