PROGRAMACIÓN SEGUNDO SEMESTRE 2020

 

A programación da segunda tempada de 2020 presentouse ós medios de comunicación o xoves, día 16 de xuño e dende mesmo día poderase consultar na nosa páxina web: www.teatroprincipalourense.com.

Informámoslles que a venda de abonos terá lugar entre os días 17 de xullo ó 27 de agosto de 2020, a través dos seguintes sistemas:

- Taquilla do teatro (12:00h a 14:00h)

- Telefono: 902.504.500

- Sala de Exposición Afundación Ourense

- Sede Afundación A Coruña

- Sede Afundación de Santiago de Compostela.

Os abonados disfrutarán dun desconto do 10% en toda a sala, disporán do mesmo asento durante toda a tempada, recibirán no seu domicilio ou via mail a programación mensual e informaráselle doutras novas que poidan surxir durante o semestre A compra de entradas para cada espectáculo poderase realizar dende o día 1 de setembro de 2020 nas páxinas web. www.teatroprincipalourense.com, www.ataquilla.com, teléfono 902.504.500, na taquilla do teatro o día da función, en horario habitual de 12:00h a 14:00h e dúas hora antes da función e nos espazos anteriormente sinalados.

Como espectador con abono durante o primeiro semestre de 2020, informarlle da posibilidade de manter o mesmo abono do anterior semestre. De estar interesado precisamos realice a súa reserva no teléfono 988.317.960 (horario de 9:00 a 14:00h de luns a venres, preguntando por Edesio/Rosa) e a través do correo  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , indicando seu nome, teléfono e localidade/s correspondente/s o seu abono. SÓ PODEN ACCEDER A ESTA POSIBILIDADE ESPECTADORES POSEEDORES DE ABONO EN TEMPADA ANTERIOR E QUE REALICEN A SUA RESERVA OS DÍAS 5 ó 12 DE SETEMBRO.