Crítica Concierto de Cámara: PRAGUE STRING SEXTET

El Teatro Principal nos brinda la ocasión de poder escuchar la música del Romántico J. Brahms y del Nacionalista A. Dvorak interpretada por este  conocido y consagrado Conjunto Camerístico.

Este elenco está integrado por prestigiosos solistas, jóvenes, que además se sientan orgullosos de unir su arte, participando en Conjuntos, interpretando y dando vida a las obras más atractivas, interesantes y a veces poco escuchadas para Sexteto de Cuerdas, pero de gran calidad artística. Su formación musical es debida a los emblemáticos Centros y Profesores de la República Checa y de otros países donde completaron sus estudios; sus curriculums son excelentes y así han participado como primeras figuras en la más renombradas Salas de Concierto, dando muestras de su buen hacer por su técnica, virtuosismo y exactitud en las interpretaciones.

 

 

Ler máis: Crítica Concierto de Cámara: PRAGUE STRING SEXTET

Presentación "Fado con outro acento" María do Ceo

O Teatro Principal de Ourense acolleu a presentación do novo traballo musical da cantante María do Ceo, quen presentou "Fado com outro acento". María do Ceo converte en vangarda o máis tradicional e o vangardista en fado sensible, coa sinxeleza reflectida na soidade dun máximo de dous instrumentos por peza, coa súa inconfundible voz que traspasa ventrículos e miocardios ata a profundidade da alma (xusto ao lado de onde se esconden as bágoas), cada canción parece estar rechea por unha orquestra sinfónica.

Ata o de agora María do Ceo ten editado os seguintes traballos discográficos: "Cartas de amor", "Vellas Lembranzas", "Ao rescate da alma", "Fado e outras músicas", "Panxoliñas,Villancicos", "Dúas almas do miño", "Tan lonxe", "No bico un cantar", "Celme encantado" e "Fado com outro acento". Ten actuado en escenarios de todo o mundo: España, Portugal, Arxentina, Uruguai, México, Francia, Arxelia, Alemaña, Italia e Exipto. Actualmente, ven de finalizar a banda sonora da película "Años Después", da que María do Ceo é compositora musical de toda a banda sonora.

 

Xunta Xeral na Casa de Galicia en Madrid

A REDE ESPAÑOLA DE TEATROS, AUDITORIOS, CIRCUÍTOS E FESTIVAIS DE TITULARIDADE PÚBLICA CELEBRA UNHA XUNTA XERAL NA CASA DE GALICIA EN MADRID

Forma parte dela a Rede Galega de Teatros (Agadic), o Teatro Rosalía de Castro da Coruña, o Auditorio do Narón e o Teatro Principal de Ourense, cuxa directora, Olga Monjón Costela, é vicepresidente da Rede Española de Teatros

Madrid, 16 de novembro de 2012. - A Rede Española de Teatros, Auditorios, Circuítos e Festivais de Titularidade Pública, da que forma parte a Rede Galega de Teatros (Agadic), o Teatro Rosalía de Castro da Coruña, o Auditorio do Narón e o Teatro Principal de Ourense, celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia unha Xunta Xeral na que participaron medio centenar de representantes doutras tantas entidades situadas en catorce comunidades autónomas. O delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, interveu ao inicio da sesión para dar a benvida aos asociados da Rede e desexarlles un frutífero traballo.

A Xunta estivo presidida por parte da Directiva da Rede de Teatros, que encabezan o seu presidente, José Luis Rivera Plasencia, e o seu vicepresidente, a galega Olga Monjón Costela. Nela participaron entidades radicadas en Andalucía, Aragón, Asturias, Canarias, Cantabria, Castela e León, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Galicia, La Rioja, Madrid, Navarra e País Vasco. De Galicia asistiron os responsables do Auditorio Municipal Concello de Narón (A Coruña), Luciano M. Fernández Vicente, e do Teatro Principal de Ourense, Olga Monjón Costela, que tamén ocupa a Vicepresidencia da Rede.

Entre os importantes asuntos que se abordaron na reunión destacan a declaración de Utilidade Pública da Rede e a presentación do Circuíto de Danza 2013. A Rede iniciou os trámites para a declaración de Utilidade Pública -requisito necesario para que toda asociación sexa cualificada como entidade sen fins lucrativos e poida beneficiarse do réxime fiscal correspondente e dos incentivos ao mecenado-, para o que necesitaba dunha modificación estatutaria.

SAÚDOS,  GABINETE DE COMUNICACIÓN DA XUNTA DE GALICIA EN MADRID,

CASA DE GALICIA

Cancelación da representación teatral "Kafka e a boneca viaxeira"

Estimados espectadores, mediante a presente lles comunicamos que, por motivos de indisposición puntual dun dos actores, a representación da obra teatral “Kafka e a boneca viaxeira” de J. Sierra i Fabra, prevista para o martes 26 de decembro ás 17:00 h, cancelouse.

O Teatro Principal de Ourense pide desculpas por este imprevisto, quedando a súa disposición para calquera cuestión a plantexar.

Ourense, 13 de decembro de 2012

Olga Mojón Costela

Directora Teatro Principal de Ourense

 

 

 

 

 

 

 

Presentación da programación do segundo semestre de 2012

Vinte e seis espectáculos son os que abrangue a programación do segundo semestre de 2012 do Teatro Principal de Ourense, que hoxe se presentou. Ao acto asistiron o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, e a directora do teatro, Olga Mojón.

Novamente, a diversidade de campos escénicos e musicais vai ser o selo diferenciador desta programación, asegurándose así unha aposta variada de espectáculos. Neste senso, optouse por combinar temas clásicos con outros relacionados coa nosa realidade máis próxima.

Entre as representacións cabe sinalar algunhas como "La loba", de Juanjo Seoane Producciones e o Centro Dramático Nacional; o concerto de María lavalle; o concerto da Orquestra Filarmónica de Cámara de Colonia; "El principito", representada por Telón Tolón / Clave de Luna, e "Sé galego, my friend", de Sergio Pazos, ademais doutras producións musicais e teatrais que se desenvolverán entre os meses de setembro e decembro.

Asemade, hoxe tamén se presentou a nova web do Teatro Principal, elaborada polo Servizo de Informática da Deputación de Ourense, que permitirá aos usuarios achegarse a unha nova fiestra dixital do teatro, máis atractiva e áxil, para consultar toda a información do Teatro Principal.