Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Compartir:

Tarifa

  • 15€ - Butaca/Platea
  • 15€ - 1º Piso
  • 12€ - 2º Piso
  • 10€ - Paraíso/VR

A TAQUILLA:
986 110 500 / www.ataquilla.com

Coreografía que revisa a vida da musa de Dalí.

Por momentos Dous de Gala consegue desmigar a obra da artista ofrecéndonos un achegamento ó seu traballo creativo. Cabezas de tigre, costas espidas, un característico peito ao descuberto, unha sombra que danza xunto á xanela ao ritmo das ondas do mar e a proxección dunha lúa que termina dividíndose en miles de pequenas esferas fan alusión a un traballo pictórico no cal nunca sabemos onde acaba Gala e onde empeza Dalí. Á maneira surrealista, a maior parte do tempo non deixan de ocorrer cousas a miúdo sen ningunha relación entre elas dando como resultado un xogo de imaxes constante. Laranxas rodando polo escenario, personaxes que pousan coma se esperasen ser retratados, unha matrioshka que non cesa o seu movemento pendular nin por un instante e unha orxía protagonizada por Gala xunto aos homes que formaron parte da lenda surrealista: Éluard, Salvador e Max. Sen ningunha dúbida, hai unha investigación moi profunda detrás desta coreografía que logra dar total recoñecemento e absoluta relevancia a unha muller tan libre como adiantada ao seu tempo, pero que con todo sempre quedou relegada baixo a etiqueta de ter o privilexio de ser musa dun xenio.
Texto Judit Gallart
Data/s:
05 Feb 2022
Hora/s:
20:00
Duración:
55 minutos
Descanso:
Non
Público:
Todos

Organiza / patrocina

Colabora

INAEM

Taquilla do teatro

  • O mesmo día da función de 12:00 h. a 14:00 h.
  • Dúas horas antes do comezo da función.

Reserva en liña

  • Venda habilitada ata o mesmo día da representación da función.
  • Horario continuo a partir do martes día 28 de decembro ás 12:00 horas.

Modalidades de pago

  • Tarxeta en reservas en liña.
  • Efectivo e tarxeta en despacho de billetes.

Aviso importante

  • Nenos menores de 6 anos deberán ocupar: Butaca de patio ou platea.
  • Nenos de 6 a 10 ano deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea ou 1º Piso.
  • Infórmase a todos os espectadores que adquiran a súa entrada a través de internet e precise ser cambiada no despacho de billetes por entrada física, que deberán retirar a súa entrada no despacho de billetes do teatro o mesmo día da función en horario de 12:00 a 14:00. Unha vez comece a función non se despacharán entradas nin se poderá acceder ao recinto.

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar