Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

I FESTIVAL DE MÚSICA OURENCLÁSICA - "MÚSICA ESPAÑOLA PARA VIOLÍN Y PIANO"

Compartir:

Tarifa

  • 45€ - Abono 3 días - butaca de patio - platea
  • 27€ - Abono 3 días - 1º piso
  • 24€ - Abono 3 días - 2º piso
  • 20€ - Butaca de patio, platea
  • 12€ - 1º piso
  • 10€ - 2º piso
  • 8€ - Paraíso

A TAQUILLA:
986 110 500 / www.ataquilla.com

“Música española para violín e piano”
 
Concerto a cargo do violinista ourensán José M. Álvarez Losada e o pianista Juan Carlos Cornelles. Este concerto, dedicado integramente á música española, contará con composicións de Joaquín Turina, Eduard Toldrà, Pablo Sarasate e Manuel Quiroga, todos eles autores de composicións influenciadas polo folclore español.
 
O “I Festival de música Ourenclásica” nace con diversos obxectivos: Aumentar a oferta de concertos de música na cidade de Ourense, contar con músicos con sólida traxectoria internacional, poñendo en especial valor aos propios intérpretes galegos e ofrecer un repertorio de interese e atractivo para o público.
 
Esta primeira edición do festival conta cos músicos ourensáns José Manuel Álvarez Losada, violinista, e Marcos Díaz, guitarrista, ambos cunha carreira internacional que lles levou a actuar por todo Europa, así como en América e Asia. Tamén actuará Manuel Burgueras, pianista de Montserrat Caballé e con prestixio internacional no mundo da lírica. Finalmente a soprano Catina Bibiloni e o pianista Juan Carlos Cornelles, especializado na interpretación de música española, pechan o elenco de artistas que actuarán nestes concertos.
 
A primeira edición do festival estará enfocada especialmente na música española.
  • Sonetos (1er cuaderno)                                    Eduard Toldrà (1895-1962) 
    Sonetí de la Rosada
    Ave Maria
    Les Birbadores
     

  • Sonata nº 2, op. 82                                            Joaquín Turina (1882-1949)
    1.    Lento-Tema-Variaciones
    2.    Vivo
    3.    Adagio-Allegro moderato-Allegretto
     

  • Alborada                                                             Manuel Quiroga (1892-1961)

  • Danza argentina                                                        “

  • 2ª Guajira             
         

  • Habanera                                                            Pablo Sarasate (1844-1908)

  • Capricho vasco                                                                  “

Data/s:
21 Mar 2026
Hora/s:
20:00
Duración:
60´
Público:
Todos

Organiza / patrocina

Taquilla do teatro

  • Dúas horas antes do comezo da función.

Reserva en liña

  • Venda habilitada ata o mesmo día da representación da función.

Modalidades de pago

  • Tarxeta en reservas en liña.
  • Efectivo en despacho de billetes.

Aviso importante

  • Nenos menores de 6 anos deberán ocupar: Butaca de patio ou platea.
  • Nenos de 6 a 10 ano deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea ou 1º Piso.
  • Infórmase a todos os espectadores que adquiran a súa entrada a través de internet e precise ser cambiada no despacho de billetes por entrada física, que deberán retirar a súa entrada no despacho de billetes do teatro o mesmo día, dúas horas antes da función. Unha vez comece a función non se despacharán entradas nin se poderá acceder ao recinto.

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h
info@teatroprincipalourense.com
988 317 960

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
info@teatroprincipalourense.com

Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar