Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

O charco de Ulises

Compartir:

Tarifa

  • 15€ - Butaca/Platea
  • 15€ - 1º Piso
  • 12€ - 2º Piso
  • 10€ - Paraíso/VR

A TAQUILLA:
902 504 500 / www.ataquilla.com

"O charco de Ulises" é unha versión libre da Odisea traspasada a un contexto atlántico. Do mar ao océano. De Ítaca a Galicia. De Troia a Buenos Aires. Do Mediterráneo ao Atlántico.
Ulises está considerado, na cultura occidental, o primeiro emigrante; o primeiro ser humano que experimentou a nostalxia pola súa terra. En Galicia temos dúas palabras máis para chamarlle a isto: saudade e morriña. Un sentimento complexo, consecuencia dun fenómeno complexo.

A peza transcorre en paralelo co desenvolvemento argumental da obra de Homero: a viaxe de Telémaco na procura de seu pai (visitando a Néstor, a Menelao e Helena...) e a de Ulises polas diferentes illas nas que se atopa con personaxes fantásticos (Calipso, Circe, Nausícaa, Polifemo, o canto das sereas...). Vaise pegando e separando do mito orixinal, xerando un diálogo co clásico para xogar con el, para traizoalo en moitas ocasións e, sobre todo, para tratar o fenómeno da emigración galega cun marcado compoñente poético. E tamén para darlle unha nova dimensión ás personaxes femininas que aparecen na Odisea.


O charco de Ulises trata da viaxe como concepto vital da existencia do ser humano no tempo, trata dos movementos migratorios, do multiculturalismo, da necesidade —ou non— de traspasar calquera fronteira. Fai unha relectura do clásico universal de Homero contextualizándoo nun fenómeno sociolóxico que marcou a historia do pobo galego.

Data/s:
12 Nov 2021
Hora/s:
20:00
Duración:
100 minutos
Descanso:
Non
Público:
Adulto
Idioma/s:
Galego

Organiza / patrocina

Colabora

Centro Dramático Galego

Taquilla do teatro

  • O mesmo día da función de 12:00 h. a 14:00 h.
  • Dúas horas antes do comezo da función.

Reserva en liña

  • Venda habilitada dende día 16 de setembro.
  • Venda habilitada ata o mesmo día da representación da función.

Modalidades de pago

  • Tarxeta en reservas en liña.
  • Efectivo en despacho de billetes.

Aviso importante

  • Nenos menores de 6 anos deberán ocupar: Butaca de patio ou platea.
  • Nenos de 6 a 10 ano deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea ou 1º Piso.
  • Infórmase a todos os espectadores que adquiran a súa entrada a través de internet e precise ser cambiada no despacho de billetes por entrada física, que deberán retirar a súa entrada no despacho de billetes do teatro o mesmo día da función en horario de 12:00 a 14:00. Unha vez comece a función non se despacharán entradas nin se poderá acceder ao recinto.

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar