"Loba Branca"
En Xaneiro de 2022, o Festival delle Nazione de Città de Castello (Umbria, Italia) encargou ó compositor vigués Brais González a creación dunha ópera baseada nunha lenda ou conto tradicional do seu país para estrear durante a celebración da 55º edición do festival, en agosto dese mesmo ano.
O compositor elixiu unha coñecida historia da Serra do Courel, coñecida na zona como a "lenda da loba branca"; un relato curto que narra a complicada relación entre unha manda de lobos e as aldeas veciñas. Esta historia serviu a Brais González para escribir un libreto propio que estende a historia orixinal, dotándoa dun arco narrativo máis complexo e que permite ao autor tratar temas de gran relevancia como as complicadas relacións coa contorna no medio rural, o respecto á natureza, a honra ou a vinganza.
A obra estreouse nunha sesión dobre o 28 de agosto de 2022 no Teatro degli Illuminati de Città di Castello esgotando as localidades nas dúas representacións. Posteriormente, en decembro dese mesmo ano, a obra representouse de novo no Teatro Cuccinelli de Solomeo, nunha produción dirixida por Mario Cecchetti con Carolyne Beck e Veronica Martinelli como solistas principais. A obra agarda novas representacións en Modena, Perugia e Nápoles para 2024.
Brais González escribiu o texto lírico da ópera orixinalmente en galego. A versión representada en Italia, aínda conservando (a pedimento do compositor) algunhas palabras na lingua orixinal na que foi escrita, foi traducida ao italiano por expertos en tradución lírica. Por tanto, a versión orixinal da obra en galego, permanece a día de hoxe, inédita. As representacións orixinais, semi-escénicas, foron acompañadas polo traballo de vídeo en directo e manipulación de area do director de cinema italiano Massimo Otoni. A representación en Solomeo de decembro de 2022 estivo auspiciada polo Centro de Estudos Galegos da Universidade de Perugia.
A música de Loba Branca está inspirada na música tradicional galega e noutras influencias tradicionais celtas, que se unen á linguaxe habitual da música de Brais González: ritmos complexos, texturas ambientais e fusión coas músicas de tradición oral e as músicas populares urbanas.
- Título: GRUPO CASPERVEK ÓPERA "A LOBA BRANCA"
- Autor: BRAIS GONZÁLEZ
- Compañía: GRUPO CASPERVEK
- Elenco: Intérpretes: 25 componentes: violín, viola, cello, clarinete, flauta, percusión e piano. Elenco vocal: soprano, mezzo-soprano, narrador e coro.
- Data/s:
- 27 Set 2024
- Hora/s:
- 21:00 h.
- Duración:
- 80'
- Descanso:
- Non
- Público:
- Todos
Organiza / patrocina
Teatro Principal de Ourense
Deputación Provincial de Ourense
Colabora
Fundación Vicente Risco, Consello Da Cultura Galega
Despacho de billetes do teatro: dúas horas antes do comezo da función.
Modalidades de pago: efectivo e tarxeta en despacho de billetes.
Reserva online: www.teatroprincipalourense.com
www.ataquilla.com
Venda habilitada ata o mesmo día da representación da función.
Aviso importante:
Programación susceptible de modificación.
En caso de anulación dalgún de os espectáculos programados, reintegrase o importe das localidades vendidas.
Unha vez retiradas as localidades de despacho de billetes, non se atenderá ningunha reclamación.
Nenos menores de 6 anos deberán ocupar: Butaca de patio ou platea.
Nenos de 6 a 10 ano deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea ou 1º Piso.
Horario habitual de funcións:
de outubro a maio:
de luns a sábado ás
20:00 h.
domingo e festivos ás
19:00 h.
de xuño a setembro:
de luns a sábado ás
21:00 h.
domingo e festivos ás
20:00 h.
Funcións infantís ás
17:00 h.
Funcións de noite ás
22:00 h.