Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

""RASGANDO EL SILENCIO" Compositoras: las ilustres desconocidas de la historia de la música

Compartir:

Tarifa

  • 15€ - Butaca/Platea
  • 15€ - 1º Piso
  • 12€ - 2º Piso
  • 10€ - Paraíso/VR

A TAQUILLA:
986 110 500 / www.ataquilla.com

O propósito deste concerto é, como o seu título indica, rachar o silencio no que estiveron sumidas as compositoras, a través dunha selección de obras escritas entre a segunda metade do século XIX e a primeira do s. XX. 
O noso obxectivo é facer chegar ao público o que soamente supón unha mostra do inxente, en realidade, incalculable, número de composicións que debemos á capacidade creadora das mulleres, poñendo de manifesto, ao mesmo tempo, a súa enorme calidade e o seu indiscutible valor. Moitas destas obras foron rescatadas do silencio das bibliotecas, dos restos de serie de antigas editoriais, de fondos dixitalizados repartidos por universidades de medio mundo, mesmo dalgún faiado polvoriento. Porque, aínda que algunhas daquelas mulleres lograron desenvolver en vida –loitando, case sempre, contra vento e marea– unha intensa actividade creadora en paralelo aos seus ilustres coetáneos de sexo masculino, chegando a ver as súas composicións publicadas e interpretadas polos virtuosos do momento, o certo é que, tras a súa morte, a Historia «oficial» da Música ignorounas por completo. En efecto: os seus nomes foron omitidos por tratados e enciclopedias, de modo que tanto elas como as súas obras quedaron ocultas tras unha nube de profundo e prolongado esquecemento. Tanto é así, que a existencia de centos de mulleres compositoras segue sendo un dos maiores secretos e, probablemente, o máis escandaloso silencio da Historia da Música. 

Clara Cernat  (violín)
Melina Bulaud (piano)
Thierry Huillet (piano)


PROGRAMA:

I PARTE

MAURICE RAVEL (1875-1937)
       Ma Mère l’Oye 
       1) Pavane de la Bella au bois dormant 
       2) Petit Poucet 
       3) Laideronnette, imperatrice des Pagodes
       4) Les entretiens de la Bella et la Bête 
       5) Le Jardin Féerique
 Transcripción para piano a 4 manos y violín Thierry Huillet

 ETHEL BARNS (1874 - 1948)
 Humoresque 
CÉCILE CHAMINADE (1857 - 1944) 
Sérénade Española, op. 150 

DORA PEJAČEVIĆ (1885 - 1923) 
Romance op. 22 

GRAŻYNA BACEWICZ (1909 - 1969)
 Oberek 

THIERRY HUILLET (1965-) 
Rapsodia Valahia 

II PARTE

GEORGES ENESCO (1881-1955) 
Pastoral 
Menuet Triste
 Nocturno 

MEL BONIS (1858 - 1937) 
Sérénade op. 46 

AMY BEACH (1867 - 1944) 
Romance op. 23

 MAURICE RAVEL (1875-1937) 
Bolero 
Transcripción para piano a 4 manos y violín Thierry Huille
 
Data/s:
25 Mai 2023
Hora/s:
20:00 h
Duración:
90 minutos
Descanso:
Si
Público:
Todos

Organiza / patrocina

Taquilla do teatro

 
  • Dúas horas antes do comezo da función.

Reserva en liña

  • Venda habilitada ata o mesmo día da representación da función.
  • Horario continuo a partir do martes día 20 de decembro ás 12:00 horas.

Modalidades de pago

  • Tarxeta en reservas en liña.
  • Tarxeta e efectivo en despacho de billetes.

Aviso importante

  • Nenos menores de 6 anos deberán ocupar: Butaca de patio ou platea.
  • Nenos de 6 a 10 ano deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea ou 1º Piso.
  • Infórmase a todos os espectadores que adquiran a súa entrada a través de internet e precise ser cambiada no despacho de billetes por entrada física, que deberán retirar a súa entrada no despacho de billetes do teatro o mesmo día, dúas horas antes da función. Unha vez comece a función non se despacharán entradas nin se poderá acceder ao recinto.

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar