TÍTULO:  "BLACKBIRD"
AUTOR:  David Harrower
DIRECCIÓN:  Carlota Ferrer
COMPAÑIA:  Kamikaze e Buxman Producciones
ELENCO: Irene Escolar
José Luis Torrijo

SINOPSE:

"Blackbird”: merlo. “Black”, negro, representa a morte, o mal e o descenso á tumba, mentres que “bird”, paxaro, simboliza a vida eterna e o ascenso aos ceos. O “blackbird” simboliza a tensión entre a alma e o corpo, o espiritual e o terreal.

En Blackbird, o autor escocés David Harrower, valente e provocador, retorce os límites do amor, sacudindo a nosa conciencia a través dun reencontro que tenta curar unha ferida froito dun amor imposible que aínda hoxe segue aberta.

O conflito trasládase ao patio de butacas, onde o espectador, convertido en xuíz, vai recompondo a través do diálogo un quebracabezas ao que lle faltan pezas. A audiencia mantense nun intenso debate interno dando bandazos dun lado a outro, reflexionando sobre os límites do amor, cuestionándose o concepto de amor en si mesmo e o papel que nel xogan a sociedade, a familia, a lei e a moral.

“Blackbird que cantas na morte da noite

toma estas ás rotas e aprende a voar.

Toda a túa vida estiveches esperando

este momento para alzar o voo.

Blackbird que cantas na morte da noite

toma estes ollos afundidos e aprende a mirar.

Toda a túa vida estiveches esperando

este momento para ser libre”.

The Beatles


DÍA: 4 de marzo 
HORA: 19:00 horas.
DURACIÓN: 1 hora e 30 minutos
DESCANSO: Non
CLASIFICACIÓN: Teatro Contemporáneo
PÚBLICO: Adulto
IDIOMA: Castelán
TARIFA:

20€ - Butaca de Patio e Platea
20€ - 1º Andar
15€ - 2º Andar
12€ - Paraíso e VR


ORGANIZA: TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
PATROCINA: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, AGADIC

TAQUILLA DO TEATRO: 

  • O mesmo día da función de 12:00 h. a 14:00 h. 
  • Dúas horas antes de comezo da función

RESERVAS ON-LINE: 

  • Comeza unha vez finalizada a venda de abonos
  • Venda habilitada ata o mesmo dia da representación da función
  • Horario continuo

MODALIDADE DE PAGO: 

  • Tarxeta en reservas on-line
  • Efectivo en taquilla

AVISO IMPORTANTE: 

  • Infórmase a todos os espectadores que adquiran a súa entrada a través de internet e precise ser cambiada en despacho de billetes por entrada física, que deberán retirar a súa entrada no despacho de billetes do Teatro o mesmo día da función en horario de 12:00 h a 14:00 h. Unha vez comece a función non se despachasen entradas.
  • OS NENOS MENORES DE 6 ANOS deberán ocupar asentos de butaca de patio e platea.
  • OS NENOS DE 6 A 10 ANOS deberán ocupar asentos de butaca de patio, platea e 1º andar.

VENTA ON-LINE: 

 

 CONTACTO: 

  • A TAQUILLA: 902 504 500
  • WEB: www.ataquilla.com