TÍTULO:  FESTIVAL BLUES TP "SARON CRENDSHAW BLUES BAND"
GRUPO: SaRon Crenshaw, guitarra y voz; Patrick Cuivers, teclados; Bart Kamp, bajo eléctrico e Frank Duindam, batería.

SINOPSE:

SA RON CRENSHAW: SaRon Crenshaw naceu en Nova York e creceu no seo dunha gran familia musical. Tanto o seu avó como o seu pai foron tamén músicos de Blues. Empezou a tocar a guitarra á idade de 10 anos, e a pesar de converterse en poucos anos nun guitarrista moi notable, durante os anos 70 e 80 gañouse a vida principalmente tocando o baixo en grupos de Jazz, Blues e Rhythm´n´Blues polo circuíto de clubs e salas de festas da área de Nova York, Nova Jersey e Carolina do Sur. Moi querido e valorado en Nova York, é un dos músicos máis habituais na programación de Terra Blues, prestixioso club situado no corazón do Greenwich Village, onde actuaron algunhas das máis grandes lendas do Blues, como James Carr, Hubert Sumlin, Little Milton, Phillip Walker, Magic Slim, The Holmes Brothers ou Johnny Clyde Copeland mentres viviron en Nova York. O talento e versatilidade de SaRon permitiulle traballar en actuacións e gravacións de discos para grandes artistas de Soul e Blues, como Le Fields, Tyrone Davis, Roy Roberts, Jessie James, Bobby Rush, Chuck Roberson, Denise Lasalle ou Robert Cray, por mencionar só algúns.

Ademais do seu venerado B.B.King, as súas influencias máis notables véñenlle de grandes guitarristas de Blues, como Freddy King, Albert King, Albert Collins, Buddy Guy e Steve Ray Vaughan. El mesmo define o seu estilo como “Blues cun toque de Soul”, aínda que nalgunhas das súas cancións poden apreciarse Country, Rhythm´n´Blues e Funk. A súa guitarra preferida é unha Gibson “Lucille”, modelo deseñado orixinalmente para B.B.King e que SaRon luce asinada por este nas súas actuacións.

Durante os anos 2010 e 2011 tivo a honra de actuar en formato acústico, cantando só e acompañándose unicamente coa súa guitarra, para abrir os concertos das xiras de Robert Cray e B.B.King en grandes escenarios e festivais do estado de Connecticut, gañándose o amor do público e un gran recoñecemento por parte da prensa. Desde 2011 SaRon é un dos músicos ao que se distingue no Salón da Fama do Blues de Nova York. Sen dúbida un dos segredos mellor gardados na escena do Blues actual. Nestes últimos anos as súas actuacións en Europa foron moi frecuentes. A España veu por primeira vez no verán de 2017 para actuar en varios eventos, incluído o décimo oitavo Festival de Blues de Castela e León e a sexta edición do Festival de Blues de Benicássim.


DÍA: 11 de outubro 
HORA: 22:30 horas.
DURACIÓN: 1 hora e 40 minutos
DESCANSO: Non
CLASIFICACIÓN: Blues
PÚBLICO: Adulto
TARIFA:

12€ - Entrada anticipada
15€ - Entrada en taquilla


ORGANIZA: TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
PATROCINA: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

TAQUILLA DO TEATRO: 

  • O mesmo día da función de 12:00 h. a 14:00 h. 
  • Dúas horas antes de comezo da función

RESERVAS ON-LINE: 

  • Horario continuo

MODALIDADE DE PAGO: 

  • Tarxeta en reservas on-line
  • Efectivo en taquilla

AVISO IMPORTANTE: 

  • Nenos menores de 6 anos deberán ocupar: Butaca de Patio e Platea.
  • Nenos de 6 a 10 anos deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea e 1ª Andar.
  • Infórmase a todos os espectadores que adquiran a súa entrada a través de internet e precise ser cambiada na taquilla por entrada física, que deberán retirar a súa entrada no taquilla do Teatro o mesmo día da función en horario de 12:00 h a 14:00 h Unha vez comece a función non se despacharán entradas nin se poderá acceder o recinto.

VENTA ON-LINE: 

 

 

CONTACTO: 

        • A TAQUILLA: 902 504 500
        • WEB: www.ataquilla.com