TÍTULO:  "CONCERTO MARTIRIO & RAÚL GONZÁLEZ "DE UN MUNDO RARO. CANTES POR CHAVELA"

SINOPSE:

Martirio ofrece xunto ao xenial guitarrista Raúl Rodríguez un concerto no que percorrerán as cancións que gravaron en homenaxe a Chavela Vargas no seu disco “dun mundo raro” no que trasladan ós paus flamencos algunhas das cancións máis emblemáticas da gran figura latinoamericana. O coñecemento da artista, a admiración que senten ambos por ela, o repertorio de cancións inigualables, a naturalidade con que estas rancheiras entran en compás flamenco e a proximidade que tiveron os dous intérpretes coa Chamana, dan lugar a un concerto onde a guitarra e a voz únense a unha inmensa emoción e a recrear estas cancións levándoas ao terreo musical dos intérpretes. Así mesmo dentro do concerto repasan algúns dos temas que formaron parte da súa vida artística, que cos arranxos de Raúl Rguez., adquiren unha nova dimensión.

O resultado é un puro momento único, inédito, de proximidade e entrega, de complicidade e ámbito musical e poético iberoamericano. Do blues ao flamenco, do bolero á rancheira, da copla ao swing. Nese ton ás veces culto, outras, popular, sempre cómplice e heteroxéneo, que caracteriza a música de Martirio e que coa versatilidade instrumental de Raúl, emocionaron a públicos tanto de España como de Latinoaméric Dende o Festival Grec de Barcelona ao Teatro Lope de Vega de Sevilla, así como en multitude de festivais e teatros españois e distintos recintos do noso país. En Latinoamérica actuaron con gran éxito en países como Arxentina, Chile, Colombia, México, Cuba, #Ecuador…

http://engira.net/martirio-30-anos/

https://www.youtube.com/watch?v=srZEbOxOb9M


DÍA: 8 de novembro 
HORA: 19:00 horas.
DURACIÓN: 1 hora e 30 minutos
DESCANSO: Non
CLASIFICACIÓN: Música
PÚBLICO: Todos
TARIFA:

15€ - Butaca de Patio e Platea
15€ - 1º Andar
12€ - 2º Andar
10€ - Paraíso e VR


ORGANIZA: TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
PATROCINA: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

TAQUILLA DO TEATRO: 

  • O mesmo día da función de 12:00 h. a 14:00 h. 
  • Dúas horas antes de comezo da función

RESERVAS ON-LINE: 

  • Venda habilitada ata o mesmo día da representación da función
  • Horario continuo

MODALIDADE DE PAGO: 

  • Tarxeta en reservas on-line
  • Tarxeta e efectivo en taquilla

AVISO IMPORTANTE: 

  • Nenos menores de 6 anos deberán ocupar: Butaca de Patio e Platea.
  • Nenos de 6 a 10 anos deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea e 1ª Andar.
  • Infórmase a todos os espectadores que adquiran a súa entrada a través de internet e precise ser cambiada na taquilla por entrada física, que deberán retirar a súa entrada no taquilla do Teatro o mesmo día da función en horario de 12:00 h a 14:00 h Unha vez comece a función non se despacharán entradas nin se poderá acceder o recinto.

VENTA ON-LINE: 

 

 

CONTACTO: 

    • A TAQUILLA: 902 504 500
    • WEB: www.ataquilla.com