TÍTULO:  "CONCERTO ORQUESTRA "LA HARMONIE XXI". ENSEMBLE WIND MUSIC"
ELENCO: Lidia Haro, piano; Jorge Lorente, píccolo-flauta; Luís Lorenso, oboe; Alfonso J. Alfonso, clarinete-corno; Mª. Ángeles Tomás; Miguel Martínez, clarinete-clarinete bajo; Xana Suarez, fagor; Rocío Martínez, soprano

SINOPSE:

DE VUELTA A LOS ESCENARIOS

Quedamos sen palabras pero quédanos o teatro instrumental….

Función musical, que conecta teatro, imaxes, ópera, xestos e emocións coa música instrumental que desta tradición inspirouse durante séculos. Volver captar, recoñecer e gozar das ideas e das emocións “escondidas” na linguaxe aparentemente crítico que nos deixan os instrumentos. Viaxar no tempo, poboando de persoas e artistas -os nosos antepasados- os “templos”, as “cidades” e as “catedrais” da música: este repertorio inmenso, esas pezas, herdanzas transmitidas no transcurso do tempo, que hoxe en día moi a miúdo estudamos e escoitamos sen concretalas co contexto histórico, sen contar coas persoas, a súa vida, os seus sentimentos, as súas emocións...as persoas que vivían naqueles tempos, aquelas cidades e aqueles momentos.

Un espectáculo que pretende insuflar nova vida neses monicreques musicais de diferentes épocas, que falan diferentes idiomas e que hoxe en día moi a miúdo están mudos, paralizados pola nosa incapacidade de oílos falar. A música instrumental é o fío condutor para percibir o discurso musical hoxe en día tan difícil de captar, e os diferentes instrumentos e a voz inspirannos para reproducir xestos, cores, figuras, símbolos que nos permiten alcanzar un público máis amplo. Ver a música dun punto de vista inédito: unha arte flexible, intimamente conectado cos demais artes. Unha narración chea de sorpresas proporcionaranos información imprescindible para conectar coa historia, a economía, a xeografía, a política, a sociedade, a relixión, o teatro e a vida cultural de parte da nosa historia musical.

Harmonie- XXI nace en 2005 pola iniciativa dun grupo de músicos entusiastas unidos por unha visión común sobre a forma de facer e vivir a música. Reunidos en diferentes épocas do ano, realizan proxectos persoais que inclúen música de todos os tempos, buscando sorprender, cativar e estimular aos diferentes públicos e lugares onde actúan. A inspiración colectiva e imaxinativa do grupo lévalles a buscar colaboracións con diferentes músicos e combinacións con outras disciplinas, creando proxectos temáticos, música teatral ou programas que combinan a música dos diferentes séculos en todas as formas e formatos.

PROGRAMA CONCIERTO:

“Danzas Rumanas” Bela Bartok

“Andante Cantabile Op.16” Homenaje a Beethoven

“Musetta” Giacomo Puccini

“El vuelo del moscardón” Rimsky Korsakov

“El Cisne” C. Saint.Saëns

“Chateau Margaux” Fernández Caballero

“Palladio” Karl Jenkins

“Canciones Antiguas Españolas” F. García Lorca

“Ole Guapa” A .Malando

“Lascia ch’io Pianga” G. F. Händel

“Marcha Zapfenstreich” Homenaje a Beethoven

“Vedro con mio diletto” Antonio Vivaldi

“Nana-Danza del fuego” Manuel de Falla  


DÍA: 14 de novembro 
HORA: 20:00 horas.
DURACIÓN: 1 hora e 15 minutos
DESCANSO: Non
CLASIFICACIÓN: Música clásica
PÚBLICO: Todos
TARIFA:

10€ - Butaca de Patio e Platea
10€ - 1º Andar
8€ - 2º Andar
6€ - Paraíso e VR


ORGANIZA: TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
PATROCINA: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

TAQUILLA DO TEATRO: 

  • O mesmo día da función de 12:00 h. a 14:00 h. 
  • Dúas horas antes de comezo da función

RESERVAS ON-LINE: 

  • Venda habilitada ata o mesmo día da representación da función
  • Horario continuo

MODALIDADE DE PAGO: 

  • Tarxeta en reservas on-line
  • Tarxeta e efectivo en taquilla

AVISO IMPORTANTE: 

  • Nenos menores de 6 anos deberán ocupar: Butaca de Patio e Platea.
  • Nenos de 6 a 10 anos deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea e 1ª Andar.
  • Infórmase a todos os espectadores que adquiran a súa entrada a través de internet e precise ser cambiada na taquilla por entrada física, que deberán retirar a súa entrada no taquilla do Teatro o mesmo día da función en horario de 12:00 h a 14:00 h Unha vez comece a función non se despacharán entradas nin se poderá acceder o recinto.

VENTA ON-LINE: 

 

 

CONTACTO: 

    • A TAQUILLA: 902 504 500
    • WEB: www.ataquilla.com