TÍTULO:  "VIDAS ENTERRADAS"
AUTOR:  Javier Pino, Conchi Cejudo, Gervasio Sánchez
DIRECCIÓN:  Santiago sánchez, Carlos Martín, Mariano Llorente, Jesús Peña
COMPAÑIA:  Corsario, L´om-Imprebís, Micomicón e Temple
ELENCO: Pilar San José, Mariano Anós, Carles Montoliu, María José Moreno, Mateo Rubinstein, Luis Miguel García.

SINOPSE:

A OBRA:"Vidas enterradas"

A partir del programa de la Cadena Ser

Textos de Mafalda Bellido, Juan Mayorga, Juan José Millás, Alfonso Plou, Laila Ripoll y Pepe Viyuela.

Vidas Enterradas é un serial radiofónico creado polos xornalistas Javier do Piñeiro, Conchi Cejudo e Gervasio Sánchez para o programa A vivir que son dous días da Cadea SER. A través do documental sonoro rescátase a vida e a morte de persoas asasinadas durante a Guerra Civil e o franquismo. Dos protagonistas destas historias apenas se conservan algunhas fotografías, pero os recordos seguen vivos nos seus fillos, nos seus netos, nos seus bisnietos, nos seus veciños, nos seus compañeiros de loita. Despois de décadas, son eles quen rompen o silencio para narrar esas biografías.

Con ese material, catro compañías: L’Om Imprebís, Teatro del Temple, Micomicón Teatro e Teatro Corsario prepararon unha versión teatral a partir dunha serie de monólogos encadeados que nos achegan ás vítimas, testemuñas e especialistas comprometidos no rescate desa memoria enterrada. O espectáculo está pensado para representarse en lugares non convencionais e cun formato aberto que permita, co tempo, ir integrando novos testemuños, até realizar un gran fresco das fosas silenciadas do franquismo e do gran número de desaparecidos que fan do noso país o segundo do mundo nesta cuestión.

O programa “Vidas enterradas” mereceu o Premio Internacional de Xornalismo Rei de España.


DÍA: 17 de abril 
HORA: 20:00 horas.
DURACIÓN: 1 hora
DESCANSO: Non
CLASIFICACIÓN: Teatro documento con texto
PÚBLICO: Adulto
IDIOMA: Castelán
TARIFA:

15€ - Butaca de Patio e Platea
15€ - 1º Andar
12€ - 2º Andar
10€ - Paraíso e VR


ORGANIZA: TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
PATROCINA: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

TAQUILLA DO TEATRO: 

  • O martes día 13 de abril de 12:00 h. a 14:00 h. 
  • O mesmo día da función de 12:00 h. a 14:00 h. 
  • Dúas horas antes de comezo da función

RESERVAS ON-LINE: 

  • Horario continuo dende o martes dia 13 de abril as 12:00 h.

MODALIDADE DE PAGO: 

  • Tarxeta en reservas on-line
  • Efectivo en taquilla

AVISO IMPORTANTE: 

  • Nenos menores de 6 anos deberán ocupar: Butaca de Patio e Platea.
  • Nenos de 6 a 10 anos deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea e 1ª Andar.
  • Infórmase a todos os espectadores que adquiran a súa entrada a través de internet e precise ser cambiada na taquilla por entrada física, que deberán retirar a súa entrada no taquilla do Teatro o mesmo día da función en horario de 12:00 h a 14:00 h Unha vez comece a función non se despacharán entradas nin se poderá acceder o recinto.

VENTA ON-LINE: 

 

 

CONTACTO: 

    • A TAQUILLA: 902 504 500
    • WEB: www.ataquilla.com