TÍTULO:  “OHLIMPIADAS” – MOTI 2019
AUTOR:  Cia. Sincronacidas: Mónica Suárez, Greta Marí
DIRECTOR E VERSIÓN:  Javier Ariza
COMPAÑIA:  Sincronacidas
ELENCO: Mónica Suárez, Greta Marí

SINOPSE:

A compañia Sincronacidas é unha compañia galega formada por Monica Suárez e Greta Marí no ano 2018. As súas produccións se caracterizan por ter o humor como eixo principal, fusionándose con outras disciplinas, como o circo e a danza.

O seu primeiro espectáculo, Premio Fetén 2019 a Mellor Espectáculo de Rúa, é Ohlimpiadas, que contou co apoio do Festival Circada e a estreita colaboración de Pistacatro.

OhLimpiadas: Proposta fresca e divertida na que dúas limpiadoras ven como a súa rutina é retransmitida coma se dunha competición olímpica se tratara. A cotidianidade narrada coma se estivesen no Tour de Francia ou nos mundiais de natación sincronizada para construir un mundo absurdo e disparatado.

O espectáculo conta, ademáis, coa voz en off de Julia Luna, comentarista habitual dos mundiais de natación e dos Xogos Olímpicos de TVE. Estas situación cobran vida grazas á combinación de técnicas como a Danza, os Portés acrobáticos e, por suposto, todo regado cunha boa dose de humor que da soporte a este mundo de disparate que construimos para o deleite de tódolos público. Espectáculo gañador do Premio Fetén a Mellor Espectáculo de Rúa 2019.


DÍA: 26 de decembro 
HORA: 17:00 horas.
DURACIÓN: 50 minutos
DESCANSO: Non
CLASIFICACIÓN: Novo Circo
PÚBLICO: Familiar +2 anos
IDIOMA: Sin texto
TARIFA:

4€ - Entrada única


ORGANIZA: TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
PATROCINA: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, AGADIC

TAQUILLA DO TEATRO:  

  • Dúas horas antes de comezo da función

MODALIDADE DE PAGO: 

  • Efectivo en taquilla

AVISO IMPORTANTE: 

  • Nenos menores de 6 anos deberán ocupar: Butaca de Patio e Platea.
  • Nenos de 6 a 10 anos deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea e 1ª Andar.
  • Infórmase a todos os espectadores que adquiran a súa entrada a través de internet e precise ser cambiada na taquilla por entrada física, que deberán retirar a súa entrada no taquilla do Teatro o mesmo día da función en horario de 12:00 h a 14:00 h Unha vez comece a función non se despacharán entradas nin se poderá acceder o recinto.