TÍTULO:  “IMPLOSIÓNS, DROGAS, PASMA E OUTRAS COUSAS DAS QUE PREOCUPARSE”
AUTOR:  Fernando Dacosta
DIRECCIÓN:  Fernando Dacosta
COMPAÑIA:  Aula de Teatro universitaria de Ourense. Maricastaña
ELENCO: Candela López, Irene Pérez, Caterina Vázquez, Héctor Martínez, María Novoa, Raquel Fernández, Tatiana González, Nelly Formoso, Chelo Cortiñas, Lola Fernández e Óscar Castromán

SINOPSE:

Un chibo expiatorio ao que pagan para ser iso, un chibo expiatorio. Unha nai que non deixa de parir e carga ao fillo maior coa súa prole mentre ela fabrica máis. Estrañas explosións nun grandes almacéns que atraen a máis clientes a pesar das mortes. Un policía sagaz, outro policía implacable, outro que se disfraza e unha morea de polis inútiles. Vellos xonquies aos que hai que desintoxicar. Unha xornalista que vive por e para os seus artigos. Unha irmá fotógrafa. Outra irmá visionaria. Os irmáns pequenos que precisan das historias do irmán maior. Un can epiléptico. Unhas rúas multiculturais, perigo e disparos, sospeitas, interrogatorios, desaparicións, amores e calentóns.

Historias entre o humor negro, o cine negro e a filosofía da vida, dunha vida fóra do común, afastada tanto do cotián que se volve entrañable. Inspirada nos primeiros libros da saga Malausséne de Daniel Pennac.


DÍA: 25 de setembro 
HORA: 21:00 horas.
DURACIÓN: 1 hora
DESCANSO: Non
CLASIFICACIÓN: Teatro
PÚBLICO: Adulto
IDIOMA: Galego
TARIFA:

3€ - Entrada única


ORGANIZA: TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
PATROCINA: DEPUTACIÓN DE OURENSE, CAMPUS DE OURENSE (Universidade de Vigo), SARABELA TEATRO

TAQUILLA DO TEATRO: 

  • O mesmo día da función de 12:00 h. a 14:00 h.
  • Dúas hora antes de comezo da función

MODALIDADE DE PAGO: 

  • Efectivo en taquilla