TÍTULO:  "PUERTAS ABIERTAS"
AUTOR:  Emma Riverola
DIRECCIÓN:  Abel Folk
COMPAÑIA:  Coproducción de Teatro Español - Focus - Hold Principal S.L.
ELENCO: Cayetana Guillén Cuervo, Ayoub El Hilali

SINOPSE:

“O Teatro debe mover emocións e provocar debate, entre outras cousas”

A situación que contaremos está cargada de tensión e en consecuencia de emoción. Ademáis, conta con algúns xiros argumentais que quitan o alento.

En canto ao debate, o que explicamos seguramente chocará coas opinións previas que deste tema teñen os espectadores e poida que nalgúns casos o debate poida chegar a discusión, pero que lle imos a facer, outra das funcións do teatro é axitar.

Nunha noite marcada pola traxedia, unha muller abre as súas portas ao descoñecido. Paradoxicamente, decide xestionar o seu medo abrindo as súas portas, en lugar de encerrarse no seu caparazón.

Aparece na súa casa un home cheo de misterio, de mentiras, de posible ameaza, quizais tamén de medo.

Puertas abertas fala dun dos grandes conflitos do mundo actual, o terrorismo islamita. É un conflito que coñecemos de preto, que sufrimos, sobre o cal lemos, do cal temos opinión. Posiblemente algunhas das nosas opinións están fundamentadas en tópicos e prexuízos.

Esta obra pon en cuestión eses tópicos e prexuízos nun dialogo entre dúas persoas, membros das dúas comunidades enfrontadas. Non sabemos deles máis do que nos contan e o que nos contan está cheo de interrogantes. Non cren que este sexa un conflito de bos e malos. !Que fácil e pouco interesante sería vivir coas portas pechadas ao descoñecido! Nós preferimos abrilas de par a par e que a través delas entre a vida”.

(Texto de Abel Folk)


DÍA: 6 de novembro 
HORA: 20:00 horas.
DURACIÓN: 1 hora e 50 minutos
DESCANSO: Non
CLASIFICACIÓN: Teatro
PÚBLICO: Adulto
IDIOMA: Castelán
TARIFA:

20€ - Butaca de Patio e Platea
20€ - 1º Andar
15€ - 2º Andar
12€ - Paraíso e VR


ORGANIZA: TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
COORGANIZA: PROYECTO PLATEA (INAEM)
PATROCINA: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, INAEM

TAQUILLA DO TEATRO: 

  • O mesmo día da función de 12:00 h. a 14:00 h. 
  • Dúas horas antes de comezo da función

RESERVAS ON-LINE: 

  • Venda habilitada ata o mesmo día da representación da función
  • Horario continuo

MODALIDADE DE PAGO: 

  • Tarxeta en reservas on-line
  • Tarxeta e efectivo en taquilla

AVISO IMPORTANTE: 

  • Nenos menores de 6 anos deberán ocupar: Butaca de Patio e Platea.
  • Nenos de 6 a 10 anos deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea e 1ª Andar.
  • Infórmase a todos os espectadores que adquiran a súa entrada a través de internet e precise ser cambiada na taquilla por entrada física, que deberán retirar a súa entrada no taquilla do Teatro o mesmo día da función en horario de 12:00 h a 14:00 h Unha vez comece a función non se despacharán entradas nin se poderá acceder o recinto.

VENTA ON-LINE: 

 

 

CONTACTO: 

    • A TAQUILLA: 902 504 500
    • WEB: www.ataquilla.com