TÍTULO:  "UNA NOCHE CON ELLA" - ESTREA NACIONAL
AUTOR:  José Luis Iborra
DIRECCIÓN:  José Luis Iborra
COMPAÑÍA:  Pentación Espectáculos
ELENCO: Loles León, Briel González, Fran Del Pino

SINOPSE:

UNA NOCHE CON ELLA

Pasar unha noite con Loles León significa facer un percorrido polos últimos cincuenta anos da nosa historia. Unha viaxe pola súa vida, polos seus momentos máis amargos e polos máis alegres, por situacións tan divertidas como absurdas.

Recordos cheos de emoción que, a través da música (o cabaret, o music hall) trasladarannos a distintas épocas. Pero, como ela di ao comezo da función: "Se non che gustan cousas da túa vida, quen dixo que non as poidas cambiar para representalas nun escenario".

Unha noite con ela contén un oitenta por cen de realidade e un vinte por cen de ficción, pero ELA xamais confesará o que é verdade e o que é mentira. É o espectador quen debe averigualo. Durante a 1.30h do espectáculo, Loles, xunto a dous mozos bailaríns/actores e dous músicos en directo, espirá a súa alma e dará renda solta á súa lingua mordaz. Cantará e bailará para que o espectador lembre esa noite con ela, como algo inesquecible.

https://www.youtube.com/watch?v=rBD2Aft-dBE


DÍA: 18 e 19 de xuño 
HORA: 21:00 horas.
DURACIÓN: 1 hora e 30 minutos
DESCANSO: Non
CLASIFICACIÓN: Teatro Musical
PÚBLICO: Adulto
IDIOMA: Castelán
TARIFA:

20€ - Butaca de Patio e Platea
20€ - 1º Andar
15€ - 2º Andar
12€ - Paraíso e VR


ORGANIZA: TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
PATROCINA: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

TAQUILLA DO TEATRO: 

  • O mesmo día da función de 12:00 h. a 14:00 h. 
  • Dúas horas antes de comezo da función

RESERVAS ON-LINE: 

  • Horario continuo

MODALIDADE DE PAGO: 

  • Tarxeta en reservas on-line
  • Efectivo en taquilla

AVISO IMPORTANTE: 

  • Nenos menores de 6 anos deberán ocupar: Butaca de Patio e Platea.
  • Nenos de 6 a 10 anos deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea e 1ª Andar.
  • Infórmase a todos os espectadores que adquiran a súa entrada a través de internet e precise ser cambiada na taquilla por entrada física, que deberán retirar a súa entrada no taquilla do Teatro o mesmo día da función en horario de 12:00 h a 14:00 h Unha vez comece a función non se despacharán entradas nin se poderá acceder o recinto.

VENTA ON-LINE: 

 

 

CONTACTO: 

        • A TAQUILLA: 902 504 500
        • WEB: www.ataquilla.com