BLUES EN EL PRINCIPAL

Como viene siendo costumbre desde hace unos años, el Teatro Principal oferta dos excelentes conciertos de Blues.

Blues es un género musical, una variante del Ragtime, que nos trae los problema de los negros americanos. Su música se caracteriza, entre otras cualidades, por su ritmo sincopado, improvisación, etc; en su aspecto emotivo, como se indicó antes, son los problemas, situaciones manifestadas en un falsete, gemidos...

Escucharemos canciones del Blues rústico, clásico, actuales, pero todo ello relacionado con la música de Jazz: ambas tienen mucho en común: su instrumental, acordes y notas características, como pueden ser la tercera menor, Quinta y séptima disminuidas. No podemos olvidar que el Blues es como una forma original del Jazz y de gran importancia.

 

Leer más:BLUES EN EL PRINCIPAL

O TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE ACOLLE O BLUES TEATRO PRINCIPAL QUE PRESENTA A "DELTA MOON" E "BEX MARSHALL BAND"

Mércores día 22 de outubro, presentouse no Teatro Principal, BLUES TEATRO PRINCIPAL 2014, que terá lugar os días 25 e 26 de outubro as 22:00 horas e as 20:00 horas respectivamente coas actuacions de "DELTA MOON" e "BEX MARSHALL BAND"

O acto asistiron, D. Alfonso Cito, promotor do evento e Dna. Olga Mojon directora do Teatro Principal.

Aproveitaron a ocasión, para presentar o concerto de "MORELAND & ARBUCKLE", que terá lugar no teatro Principal o día 3 de decembro as 21:30 horas.

PRESENTACIÓN PROGRAMACION 2º SEMESTRE 2014

 

PRESENTACIÓN PROGRAMACIÓN 2º SEMESTRE 2014

O Teatro Principal presentou onte a súa programación para os últimos meses do ano 2014, foi presentada pola Directora do Teatro Principal, Dna. Olga Mojon Costela nunha rolda de prensa na que estivo acompañada polo Director de AGADIC, D. Jacobo Sutil, e polo vicepresidente de Deputación de Ourense, D. Rosendo Fernández.

Nesta tempada ofrecense os abonos de música, comoposto por catro concertos e o de teatro que engloba 8 obras de estreas nacionais e galegos.

 

 

 

PRESENTACION " AS LARANXAS MAIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS"

As laranxas máis laranxas de todas as laranxas está considerada como unha das principais contribucións de Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002) ao ámbito da literatura infantil e xuvenil. Dela, o seu autor dicía que era "un disparate continuo de movemento e fantasía" que inaugurou, ademais, o teatro destas características na literatura infantil galega.

A obra presentouse onte martes no Teatro Principal, aos medios de comunicación que contou coas intervencións do conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez Abad; Xavier Casares, irmán de Carlos Casares e presidente da Fundación que leva o seu nome; José Caldas, director do espectáculo; Manuel Guede, director do CDG; Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación e Olga Mojón, directora do Teatro Principal, así como os actores da obra.

A obra estréase este venres dia 3 de outubro, no Teatro Principal de Ourense. Haberá unha única función ás 20:30 horas e a entrada é por convite,  as persoas interesadas en asistir deberán chamar ao teléfono: 981-581.111.

PRESENTACION "O PASADO NUNCA PASA"

"O pasado nunca pasa, Ourense" recolle unha selección de máis de mil cincocentas fotografías da segunda metade do século vinte, e mesmo anteriores, amosando a súa realidade e evolución tanto nos ámbitos urbanístico, social, ata o deporte e o ensino, pasando pola cultura, as tradicións relixiosas e as festas populares. Nesta recompilación retrospectiva tamén se atopan destacados persoeiros que deixaron pegada do seu paso pola cidade de Ourense. Tamén contén material fotográfico cedido por particulares, en concreto para a sección máis persoal da publicación: "Tal como éramos" adicado as familias ourensáns. Todo elo constitúe un novo e entrañable volume de Teófilo Edicións que permite volver a vista atrás e recuperar un tempo xa transcorrido, devolvendo ao lector lembranzas agochadas na memoria e que pon de manifesto que o pasado tamén está aí, máis preto de nós do que pensamos.