programa  
programa inscricion catedra
     
 
     

PRESENTACIÓN

Con motivo do que sería o oiten­ta aniversario do poeta José Ángel Valente, preséntase un programa de concertos e actividades para render homenaxe á obra e á fi­gura dun dos máis importantes poe­tas españois do século XX. Trátase de difundir a memoria de José Ángel Valente dende a perspectiva sonora, fundamental na súa obra, combinan­do poesía e música.

Unha home­naxe ó poeta na súa cidade natal, Ourense, composta por unha serie de recitais poéticos e conferencias, por unha banda, e un concerto de música contemporánea, por outra. Por un lado, a celebración dun ciclo de charlas, lecturas e recitais rela­cionados con poemas especialmente significativos de Valente, se verá en­riquecida por unha perspectiva máis persoal: a presenza de achegados de Valente dos seus anos de Ourense permitirá realizar un percorrido poético polos lugares da súa vida na cidade. Por outro lado, a homenaxe centraráse na relación de Valente e a música, culminando coa estrea dunha obra escrita “ex profeso” para este aniversario por Mau­ricio Sotelo, composi­tor intimamente ligado a Valente.

Deste xeito preténdese realizar un tributo a este poeta fundamental para a modernidade en España, dende Galicia a Andalucía, pero tamén na súa perspectiva europea. Esta  homenaxe é posible gracias á colaboración entre institucións galegas, como a Deputación Provincial de Ourense, o Concello de Ourense, a Uni­versidade de Vigo (Campus de Ourense) e  Universidade de Santiago de Compostela (Cátedra José Angel Valente).