Acrobacias imposibles, aéreos impresionantes, comedia hilarante, danza, clown é unha historia cativadora. A serie clopen é un espectáculo multidisciplinar que reflexiona, en ton de humor, sobre os retos que ten que afrontar a mocidade nestes tempos de incerteza.
Alicia é unha adolescente que está nese momento vital onde comeza a construír a súa identidade e a investigar o mundo que a arrodea. O seu cuarto segue cheo de bonecas e xoguetes, pero as preguntas invaden a súa mente. Ela, no seu afán de darlles resposta, abre unha canle onde explica curiosidades acerca dunha das súas paixóns: as matemáticas.
Pero todo o que descobre xera máis preguntas...
Poderán "ás matemáticas" explicar o momento político actual: o auxe dos absolutismos, dos fascismos, o aumento da desigualdade, ou o novo contexto bélico?
Poderán os nosos mozos superar os retos que lles impoñen á súa xeración?
E, sobre todo, poderá o circo, a arte do momento presente, do físico, do risco, da cooperación, ofrecer alternativas nun mundo absolutamente dixitalizado?