Antiga Novidade é a re-creación dun concerto mítico… ou un poema escénico de dúas palabras antagonistas que necesitan vivir xuntas para demostrar ao mundo que a lóxica non ten sentido… a desaparición do personaxe principal para dar cabida ao secundario… a anatomía dunha desaparición… unha historia de pantasmas…. unha pequena homenaxe ao secundario, ao tanxencial, a aquel lugar onde se che vai a atención mentres estás a facer “o que realmente importa”… un desconcerto artístico… unha obra desmesurada que non acaba nunca…. unha vida en escena que o público se pode levar de recordo mentres lembre… en España é o primeiro verán sen Franco e en Arxentina o primeiro verán doutra ditadura militar… dar datos é aburrido pero é máis claro, se alguén o le con ollos de ler unha sinopse pois cremos que lle pode cadrar ou polo menos defraudar un pouco menos, vale, pois o deixamos así, ademais, case ninguén le xa nada e menos unha sinopse.