Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

AULA DE DANZA DO CAMPUS DE OURENSE. UVIGO / CÍA. DE DANZA USC / AULA DE DANZA DA UDC / A CASA VELLA DANZA

Danza
AULA DE DANZA DO CAMPUS DE OURENSE. UVIGO / CÍA. DE DANZA USC / AULA DE DANZA DA UDC / A CASA VELLA DANZA

Compartir:

Tarifa

  • 3€ - Paraíso / VR
  • 3€ - Butaca de patio, platea
  • 3€ - 2º piso
  • 3€ - 1º piso

A TAQUILLA:
986 110 500 / www.ataquilla.com

Aula de danza do Campus de Ourense: "Xeometría dun silencio aprendido"
Elenco: Mercedes de la Lámpara, María Billosa, B. Ferro, Dani, A Brincadeira, Laioli, Anxe Arcas, Aninhoa Viñuela
Don, Maria Pereira, Sonia Paz, Laura Mojica, Sira González
Dirección: Ainhoa Linaza
Acompañamiento de dirección: Nuria Sotelo e Mikel Aristegui
Coreografía: Ainhoa Linaza e Creación Colectiva

Xeometría do silencio é unha peza de danza contemporánea que explora as pequenas violencias que se instalan no cotián.
Non aquelas que gritan, senón as que se organizan en voz baixa: unha mirada que decide, un xesto que inclina, un ritmo
que se impón sen tocar.
A través do corpo e da repetición, a escena constrúe unha paisaxe de relacións onde o poder non sempre se exerce de
maneira evidente, pero modela posturas, distancias e eleccións.
A peza non busca sinalar culpables, senón facer visible o que normalmente permanece fóra de foco: as dinámicas sutís
que nos ensinan a ocupar un lugar, a reducirnos, a adaptarnos.
Xeometría do silencio propón unha pregunta aberta: que formas adopta o poder cando apenas se move?
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Espazo de danza da USC: "Esquecid@s"
Elenco: Alexandra Clista, Alicia Collazo, Uxía Felpeto, Inés F. Mosquera, Aida García, Andrea Gil, Carina Mendez,
Alvaro R. Vazquez, Sara Sanz e Alejandro Varela
Dirección: Juan Carlos Zahera
Coreografía: Rosa Acuña

Palabras que non se escoitan - Abrazos que non se dan - Miradas que non ven - Indiferenza - Non dar valor á vida - O
silencio das feridas - O silencio das feridas.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Aula de danza UDC (A Coruña): "Deriva"
Elenco: Rosa Fernández, Angélica Nistal, Sonia Franco, Carmen Soriano, Mónica Irina Casas, Ana Blanco, Ada Castro,
Fabiola Fraga e Alfonso Louro.
Dirección: Alicia López e Alba Fernández

A brisa tráenos voces de historias cruzadas. Pegadas, ecos das persoas que se foron, das que chegaron. Buscamos os
farrapos que forman a nosa propia boneca de trapo. Farrapos de vivencias, de encontros, desencontros, que definen e
enmarcan o noso camiño.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
A casa vella: "Vídeodanza e patrimonio"
Autoría: Rubén Vilanova e Ainhoa Viñuela
Gravación: Rubén Vilanova
Edición: Ainhoa Viñuela
Intérpretes: artistas residentes da Casa vella

Selección de pezas audiovisuais da serie “Corpo e Patrimonio” que poñen en diálogo ao movemento e o corpo co
patrimonio natural e arquitectónico da Reserva da Biosfera de Allariz e Comarca da Limia
Data/s:
28 Abr 2026
Hora/s:
20:00
Duración:
75 ´
Público:
Todos

Organiza / patrocina

Taquilla do teatro

  • Unha hora antes do comezo da función.

Reserva en liña

  • Venda habilitada ata o mesmo día da representación da función.

Modalidades de pago

  • Tarxeta en reservas en liña.
  • Efectivo en despacho de billetes.

Aviso importante

  • Nenos menores de 6 anos deberán ocupar: Butaca de patio ou platea.
  • Nenos de 6 a 10 ano deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea ou 1º Piso.
  • Infórmase a todos os espectadores que adquiran a súa entrada a través de internet e precise ser cambiada no despacho de billetes por entrada física, que deberán retirar a súa entrada no despacho de billetes do teatro o mesmo día, dúas horas antes da función. Unha vez comece a función non se despacharán entradas nin se poderá acceder ao recinto.

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h
info@teatroprincipalourense.com
988 317 960

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
info@teatroprincipalourense.com

Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar