Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Compartir:

Tarifa

  • 10€ - Butaca de patio, platea
  • 10€ - 1º piso
  • 6€ - 2º piso
  • 4€ - Paraíso / VR

A TAQUILLA:
986 110 500 / www.ataquilla.com

Nunha aldea nun lugar remoto, hai unha parella que deixou o teatro (despois dunha crise creativa) para emprender, con toda a ilusión, o seu proxecto de vida: construír unha casa ecolóxica, feita coas súas propias mans. A súa gran creación. E así pasan trinta anos, toda unha vida traballando, lonxe do mundo, nun tempo sen final. Entre o surrealismo e o absurdo, a peza pretende ser unha reflexión metafórica sobre o fracaso, a crise climática e ecolóxica, a inxustiza do sistema inmobiliario, o amor, o teatro e a estupidez humana na sociedade contemporánea.
 
 A COMPAÑÍA
Compañía Compañía fundada en 2010 por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, co obxectivo de contar cunha estrutura de creación propia para emprender proxectos teatrais dun xeito independente. Xeramos espectáculos a partir de textos escritos previamente (Raclette, Casa O’Rei...) ou integrando a dramaturxia e a posta en escena nos procesos de creación (A filla de Woody Allen, O mel non caduca...)  Participamos en numerosas prazas e festivais de dentro e fóra de Galicia, sentíndonos moi ben acollidos e co recoñecemento de premios coma o María Casares en diversas categorías, finalistas nos Max a Mellor Dirección e Autoría ou o Álvaro Cunqueiro de Textos Teatrais, entre outros.
Data/s:
22 Out 2026
Hora/s:
20:00
Duración:
80´
Descanso:
Non
Público:
Adulto
Idioma/s:
Galego

Organiza / patrocina

Taquilla do teatro

  • Dúas horas antes do comezo da función.

Reserva en liña

  • Venda habilitada ata o mesmo día da representación da función.

Modalidades de pago

  • Tarxeta en reservas en liña.
  • Efectivo en despacho de billetes.

Aviso importante

  • Nenos menores de 6 anos deberán ocupar: Butaca de patio ou platea.
  • Nenos de 6 a 10 ano deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea ou 1º Piso.
  • Infórmase a todos os espectadores que adquiran a súa entrada a través de internet e precise ser cambiada no despacho de billetes por entrada física, que deberán retirar a súa entrada no despacho de billetes do teatro o mesmo día, dúas horas antes da función. Unha vez comece a función non se despacharán entradas nin se poderá acceder ao recinto.

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h
info@teatroprincipalourense.com
988 317 960

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
info@teatroprincipalourense.com

Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar