Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

CONCERTO DE NADAL - FUOCO EUROPEAN ORQUESTA

Música
CONCERTO DE NADAL - FUOCO EUROPEAN ORQUESTA

Compartir:

Tarifa

  • 25€ - Butaca de patio / Platea
  • 25€ - 1º Piso
  • 20€ - 2º Piso
  • 15€ - Paraiso / VR

A TAQUILLA:
986 110 500 / www.ataquilla.com

A Fuoco European Orquestra nace co obxectivo fundamental de ofrecer un nivel musical de primeira orde e de desfrutar do camiño que leve a alcanzalo. Conta nas súas filas con músicos
formados nos principais centros musicais europeos e que actualmente pasean a súa calidade musical polos máis importantes auditorios do noso país. O seu repertorio abarca desde a mellor música sacra á máis impoñente e maxestosa música sinfónica, pasando pola suxestiva música escénica (actualmente atópase en xira por España representando Rigoletto de G. Verdi e L'elisir
d'amore de G. Donizetti).
Mantén un persoal flexible dependendo do proxecto, que vai desde pequenos ensambles camerísticos ata unha gran orquestra sinfónica.
A súa dirección artística está a cargo de Bauti Carmena, un dos directores de orquestra españois con máis proxección da actualidade, e os seus compoñentes son asiduos colaboradores de agrupacións tan importantes como a Orquestra Nacional de España, Orquestra da Comunidad de Madrid, Orquestra de Radiotelevisión Española ou Film Symphony OrSchestra.

Bauti Carmena (director)
Licenciado polo Real Conservatorio Superior de Música de Madrid en Dirección e Master en Dirección
de Orquestra na «Accademia Italiana per a Direzione d’Orchestra», con G. Serembe.
Faenza (Italia).
Licenciado polo Real Conservatorio Superior de Música de Madrid na especialidade de Piano,
con Almodena Cano, especializándose en Acompañamento Vocal con Juan Antonio Álvarez
Parejo. Licenciado polo Real Conservatorio de Música de Madrid na especialidade de Pedagoxía do
Piano; Diplomado en Maxisterio Musical pola Universidade de Castela a Mancha e Título Profesional
de Piano polo Conservatorio Jacinto Guerrero de Toledo.
Premio Extraordinario Fin de Carrera Real Conservatorio de Música de Madrid e Orchestral
Conducting Competition Miami Summer Music Festival 2018
Desde 2016 Director Artístico do Coro Jacinto Guerrero (titular da Catedral Primada de Toledo).

Programa

I Parte 
Programa sinfónico

II Parte
Música de cine
Data/s:
22 Dec 2026
Hora/s:
20:00
Duración:
90´
Descanso:
Non
Público:
Adulto

Organiza / patrocina

Taquilla do teatro

  • Dúas horas antes do comezo da función.

Reserva en liña

  • Venda habilitada ata o mesmo día da representación da función.

Modalidades de pago

  • Tarxeta en reservas en liña.
  • Efectivo en despacho de billetes.

Aviso importante

  • Nenos menores de 6 anos deberán ocupar: Butaca de patio ou platea.
  • Nenos de 6 a 10 ano deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea ou 1º Piso.
  • Infórmase a todos os espectadores que adquiran a súa entrada a través de internet e precise ser cambiada no despacho de billetes por entrada física, que deberán retirar a súa entrada no despacho de billetes do teatro o mesmo día, dúas horas antes da función. Unha vez comece a función non se despacharán entradas nin se poderá acceder ao recinto.

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h
info@teatroprincipalourense.com
988 317 960

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
info@teatroprincipalourense.com

Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar