Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

CREAVIVA (PREMIO NACIONAL DE DANZA 2023)

Compartir:

Tarifa

  • 20€ - Butaca de patio / Platea
  • 20€ - 1º Piso
  • 17€ - 2º Piso
  • 12€ - Paraiso / VR

A TAQUILLA:
986 110 500 / www.ataquilla.com

PREMIO NACIONAL DE DANZA 2023
PREMIO FESTIVAL DE JEREZ 2025 A MEJOR COMPOSICIÓN MUSICAL ORIGINAL A JESÚS TORRES POR «CREAVIVA»

Destacada figura do flamenco, recoñecida coreógrafa e bailaora que en 2002 crea a súa propia compañía. Ese mesmo ano gañara os principais premios do XI Certame de Coreografía de Danza Española e Flamenco. Foi directora do Ballet Flamenco de Andalucía desde o 2013 ata setembro de 2016.
A traxectoria profesional de Rafaela Carrasco está marcada, desde os seus comezos, por ser unha investigadora da danza e por ter unha particular visión do flamenco. O seu obxectivo profesional é mostrar a súa propia concepción de danza, minuciosamente elaborada desde a calma e a calidez conceptual e concibida para un corpo de baile en avinza artística e equilibrio co espazo escénico.
Elaborar o flamenco. Actualizalo. Para iso, absorbeu coñecementos doutras disciplinas dancísticas, sen abandonar a raíz flamenca, realizando un camiño de ida e volta personalísimo na súa vivencia e expresión do baile.
Carrasco é unha gran coñecedora da danza española e o flamenco grazas aos seus dous grandes mestres: Matilde Coral, con quen aprendeu a disciplina, a técnica e a paixón pola danza, e Mario Maya, quen lle ofreceu a súa primeira oportunidade profesional e con quen descubriu os escenarios. Primeiro, na Compañía de Mario Maya e posteriormente, na Compañía Andaluza de Danza.
 
En “Creaviva” deséxase mostrar a realidade do creador en continuo estado de soidade.
A frustración, o desamparo, o tempo da nada en contraste coa evocación de imaxes como antesala ao comezo de algo, dun algo que acabará atopando unha identidade. Sentirse ebrio de ideas, que irán tomando forma ata alcanzar un resultado case sempre impredicible.
Unha obra composta por unha suite de nove pezas con motivos compositivos e pensamento propio. Non estarán vinculadas, pero todas formarán parte dun concepto común.
 
 
 
Data/s:
28 Feb 2026
Hora/s:
20:00
Duración:
75 ´
Descanso:
Non
Público:
Adulto

Organiza / patrocina

Taquilla do teatro

  • Dúas horas antes do comezo da función.

Reserva en liña

  • Venda habilitada ata o mesmo día da representación da función.

Modalidades de pago

  • Tarxeta en reservas en liña.
  • Efectivo en despacho de billetes.

Aviso importante

  • Nenos menores de 6 anos deberán ocupar: Butaca de patio ou platea.
  • Nenos de 6 a 10 ano deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea ou 1º Piso.
  • Infórmase a todos os espectadores que adquiran a súa entrada a través de internet e precise ser cambiada no despacho de billetes por entrada física, que deberán retirar a súa entrada no despacho de billetes do teatro o mesmo día, dúas horas antes da función. Unha vez comece a función non se despacharán entradas nin se poderá acceder ao recinto.

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h
info@teatroprincipalourense.com
988 317 960

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
info@teatroprincipalourense.com

Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar