“Esas cousas marabillosas” comeza cando o público vai entrando na sala e é recibido polo actor. Dálles a benvida, a axuda para acomodarse, e dálles un papelito que vai xogar no espectáculo. Cando empeza o espectáculo, o público xa leva un intre dentro del sen sabelo e algúns cun papelito na man.
Cóntase unha historia de case tres décadas que comeza como mamá está no hospital:
«Fixo unha parvada”, di papá, porque: “resúltalle difícil ser feliz”.
Esta primeira tentativa de suicidio de mamá fai que o fillo (o protagonista), de sete anos daquela, comece a facer unha lista de todo o que é marabilloso no mundo. Todo polo que vale a pena vivir.
1. Os xeados. 2. As guerras de auga. 3. O primeiro baño do verán. 4. A cor azul. 5. As roupa a cadros. 6. Unha montaña rusa.
Deixa a lista na almofada de mamá co titulo “Todas esas cousas marabillosas”…Mamá leuna, sábese porque corrixiu a ortografía.
Con moitos personaxes e moitas situacións, que se desenvolven que axuda e a complicidade necesarias do público, constrúese esta peza tenra e emocionante sobre a depresión e ata onde chegamos pola xente a que amamos.
É unha peza tenra, emocionante e divertida.
É unha comedia sobre a depresión e o suicidio
É unha obra que pode cambiarche a vida…e para ben.