Unha muller conta que sufriu un ictus que lle impide completar os seus recordos. Sabe que tivo o ictus ao saír da Cidade da Cultura, despois dun acto que o goberno organizou para recibir un cadro de Castelao titulado “A derradeira leición do mestre”. Pero non lembra por que estaba alí ou por que lle interesaba ese cadro. Non pode lembrar nada do ano anterior a que lle dera o ictus. Por iso necesita reconstruír todo o que esqueceu. Necesita recordar os detalles e completar os recordos. Cómprenlle para non quedar illada e para non esquecer quen é. Vai empezar por reconstruír o momento inmediatamente anterior ao ictus, cando se supón que estaba nese acto na CdC. Para iso elabora un test de memoria que evía a outras persoas que estiveron no acto. Quere saber por que estaba ela alí. Quere sabelo todo sobre aquel cadro. É o seu xeito de non esquecer o que importa.
Un feito que actúa como detonante O acto de recepción do cadro de Castealo na Cidade da Cultura En outubro do 2018 inaugurouse na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela unha exposición titulada Castelao Maxistral, anunciada como “unha homenaxe a Castelao e aos protagonistas do ensino público durante o primeiro terzo do século XX”, que se artellaba arredor de A derradeira leición do mestre.
O cadro foi cedido polo Centro Galicia de Bos Aires, que o custodia desde que se pintou en 1945.
O espectáculo conta tamén con:
• Audiodescrición en directo desde o escenario integrada na narrativa da obra (non son necesarios auriculares).
• Reprodución táctil do cadro “A derradeira leición do mestre” de Castelao, acompañado dunha guía (en caso de dúbida, preguntade ao persoal de sala).
• Nota audiodescritiva sobre material visual empregado no espectáculo (accesibles mediante código QR; en caso de dúbida, preguntade ao persoal de sala).
Outras medidas de accesibilidade
• Programa de lectura fácil accesible mediante código QR. En caso de dúbida, preguntade ao persoal de sala