Nun futuro non tan afastado, a tecnoloxía trasformouno todo… Incluso a forma en que lembramos o pasado. En Nas Nubes, Nexus e Rino guían a visitantes por un museo que exhibe estrañas reliquias da era predixital. O que comeza como unha sátira sobre o noso presente, pronto se converte nunha inquietante reflexión cando as bolboretas que emerxen dun bonsai comezan a lembrar que foron algo máis… Seres humanos? Monicreques?
Entre risos, surrealismo, números circenses e xogos de improvisación, este espectáculo lánzanos unha pregunta profunda: Que é real cando a propia lembranza desvanécese nas nubes?.
Unha peza de teatro provocadora que nos enfronta ao impacto da tecnoloxía, á fraxilidade da identidade e á delgada liña entre o que somos e o que soñamos ser.
O público, que actualmente vive inmerso en dispositivos dixitais e redes sociais, identifícase rapidamente con este espectáculo e escacha coa risa ao tempo que reflexiona sobre o impacto que a tecnoloxía ten na nosa identidade e nas nosas relacións humanas.
Esta obra tamén expón unha cuestión filosófica sobre a natureza do ser e a realidade. Son as bolboretas en realidade os humanos, ou só están a lembrar un soño? Esta confusión entre o real e o imaxinario conecta directamente coas inquedanzas contemporáneas sobre as identidades dixitais e as realidades simuladas.
Nas Nubes é un espectáculo que conecta humorísticamente coas tensións modernas entre a tecnoloxía e a humanidade, facendo que o público advirta as consecuencias dun mundo onde o virtual e o automatizado substitúen cada vez máis nosas experiencias e conexións físicas.