Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Teatro

Compartir:

Tarifa

  • 20€ - Butaca de patio / Platea
  • 20€ - 1º Piso
  • 17€ - 2º Piso
  • 12€ - Paraiso / VR

A TAQUILLA:
986 110 500 / www.ataquilla.com

Nós, fillos e fillas das democracias forxadas despois da derrota dos fascismos no século XX, procedentes de clases traballadoras que vimos como os nosos pais e nais deixaban a pel por darnos unha educación que nos permitise unha posibilidade de ascenso social, sobrevivintes ás sucesivas crises que nos levaron a poñer en dúbida todo aquel soño dunha sociedade máis igualitaria, podemos observar como nos últimos anos o ascenso de discursos populistas de extrema dereita non deixan de aparecer ao longo do mundo, acadando cotas de poder inimaxinables hai só uns anos. Trump, Bolsonaro, Milei, Meloni…figuras case que semellan saídas dunha sorte de farsa entolecida pero que foron quen de convencer a unha enorme masa de votantes para que os levasen ao poder.
O proxecto teatral «Non Pasarán» xorde como unha resposta creativa e comprometida ante os desafíos políticos e sociais do noso tempo. Nun contexto marcado polo rexurdimento de ideoloxías autoritarias e o crecemento de movementos antidemocráticos, esta obra eríxese como un faro de resistencia e conciencia, destinado a iluminar as sombras do pasado e do presente. Cunha visión ambiciosa e un enfoque multidimensional, o proxecto establece unha serie de obxectivos claramente definidos que abarcan desde a sensibilización e a reflexión ata a acción e o compromiso. A través dunha combinación única de narrativa teatral, elementos de comedia cruel e drama absurdo, «Non Pasarán» busca non só entreter ao público, senón tamén desafiar as súas percepcións, estimular a súa imaxinación e mover os seus corazóns
Data/s:
22 Feb 2025
Hora/s:
20:00
Duración:
70'
Público:
ADULTO
Idioma/s:
Galego

Organiza / patrocina

Taquilla do teatro: dúas horas antes do comezo da función.

Modalidades de pago: efectivo e tarxeta en despacho de billetes.

Reserva online:  www.teatroprincipalourense.com 
                             www.ataquilla.com

Venda habilitada ata o mesmo día da representación da función.


Aviso importante:
Programación susceptible de modificación.
En caso de anulación dalgún de os espectáculos programados, reintegrase o importe das localidades vendidas.
Unha vez retiradas as localidades de despacho de billetes, non se atenderá ningunha reclamación.


Nenos menores de 6 anos deberán ocupar: Butaca de patio ou platea.
Nenos de 6 a 10 ano deberán ocupar: Butaca de Patio, Platea ou 1º Piso.

Horario habitual de funcións:

de outubro a maio:
de luns a sábado ás 20:00 h.
domingo e festivos ás 19:00 h.

de xuño a setembro:
de luns a sábado ás 21:00 h.
domingo e festivos ás 20:00 h.

Funcións infantís ás 17:00 h.
Funcións de noite ás 22:00 h.

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar