A de Sophie é unha historia inspirada en feitos reais, pero é algo máis que a historia dunha persoa migrante. A viaxe de Sophie é unha viaxe polo desexo, pola dignidade, pola cons-
ciencia da riqueza das culturas populares de África, polo documento teatralizado da violación e da trata de mulleres, das políticas migratorias burocratizadas de Europa e polas rela-
cións familiares fiadas por silencios, medos e angüeiras dunha vida plena e sincera. Sophie é unha muller que ama e quere ser amada, divertida e vital, ambigüa e perigosa.
A viaxe de Sophie está baseada nunha historia real, ou quizáis en moitas. A pasaxe vólvese moi custosa cando o exilio é unha cuestión de supervivencia.
Camiñaremos coa protagonista a través da súa travesía vital e no mapa, desde Yaoundé, capital de Camerún, ata A Coruña. Unha viaxe pola riqueza da cultura popular de África, pola burocracia das políticas migratorias e pola escravitude sexual.