É máis que beleza creativa. Máis que perfección técnica. Máis que profundidade intelectual. Máis que cimento de música. Bach é pureza espiritual e absoluta imaxinación. É emoción intensa. E por todo iso, Revolución.
A súa obra, milagrosa e profundamente liberadora, conferiu alento a xeracións de artistas a quen inspirou. Venerado antes, agora a súa pegada e o seu traballo está en películas, pinturas e ata en videoxogos. Mesmo a súa pegada pode rastrexarse nos Beatles, en Muse… E, como non, marca sinal na danza.
Aracaladanza achégase a Bach como inspirador dun traballo escénico que non busca tanto coreografiar a súa música (en múltiples facetas, variacións e versións) como mergullar nun universo creativo que permita imaxinar a quen desexe abrir os ollos e afinar os oídos. Porque a imaxinación é o sustento do pensamento crítico e motor da liberdade, ambos os esenciais para cambiar a realidade.
• Premio TALIA 2025 da Academia das Artes Escénicas á Mellor Escenografía – Elisa Sanz
• Finalista Premio MAX 2025 ao Mellor Espectáculo para público infantil, xuvenil ou familiar