Xoguetes Rotos narra a historia dunha amizade entre Mario, un xoven que abandona a súa aldea, e Dorin, unha transexual do mundo do espectáculo. Mario traballa nunha perruquería pero Dorin lévao a enfrentarse aos seus soños de ser muller. Neste espello no que Mario se reflexa tamén se ve un mundo de purpurina perigoso e revelador. É a época do Vigo industrial dos 70, das criaturas máxicas ataviadas coas mellores plumas como contrapunto da España en branco e negro endurecida pola lei de vagos e maleantes que incluída a represión dos homosexuais. A tráxica historia da súa amiga fai que Mario acepte ser en público quen descobre ser para si propio: unha muller.Unha viaxe de autocoñecemento que acontece á vista do público facendo un repaso polas súas lembranzas persoais. As palabras de Dorín retumbarán sempre no seu interior: ‘’O importante non é que te vexan, se non que o fagan como ti queres ser vista’’.