ARGUMENTO “A Leituga” aborda en clave de humor un conflito familiar polo que todos pasamos ou pasaremos nalgún momento nas nosas vidas. Qué facer cos nosos pais cando se achegan á morte?. A través destes cinco personaxes cos seus puntos de vista e as súas diferentes realidades, viaxaremos polos vínculos, lealdades e deslealdades da familia, as parellas, os irmáns, os pais e os fillos. Os asuntos non resoltos, as contas pendentes. O sacrificio e a culpa. O odio e o rancor. A moral e a ética. A esperanza e a aceptación. Os medos, as miserias, a procura da felicidade. TEMAS DA OBRA A decadencia da “familia”, a responsabilidade, a eutanasia, a felicidade, a vida e a morte.