Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Danza/Teatro
“ARCHIPIÉLAGO DE LOS DESASTRES”

Compartir:

   Dende que nacemos percórrenos unha greta. Somos vulnerables. Con todo, aspiramos a esconder a nosa natureza fráxil, esa que nos fai máis humanos e auténticos, baixo a máscara da infalibilidade. Pero e se existise un lugar onde non tivésemos medo a rompernos, onde fosen os valentes sen medo ó fracaso, onde fracasar fose todo un éxito? Un lugar onde a vulnerabilidade é un superpoder.
   En Archipiélago de los Desastres, partimos dispostos a fracasar mentres podamos, con cabeza, tranquilamente… Nada de fracasar ás toas. Fracasaremos como sempre ou como nunca, nun acto ou en tres, nun monólogo ou nun diálogo. Fracasaremos ata converter o fracaso nunha obra de arte.
   Un espectáculo musical, un espectáculo de danza onde hai moito teatro cunha boa dose de humor intelixente en clave de cabaret con cancións e música en directo. Hai quen vai a misa e atopa a fe. Eu vou ao teatro, e obras como esta axúdanme a non perder a miña fe. A miña fe no mundo, no futuro, na condición humana.
   Sobre as táboas este arquipélago conta cun estupendo e diverso reparto de actores que bailan, bailaríns que cantan,… nunha perfecta harmonía. Versátiles, brillantes todos, dando a enerxía e a faísca que dá ritmo e vida a esta obra. Un verdadeiro arquipélago de talento.
 
 
CANDIDATOS A PREMIOS MAX 2023
FINALISTA
Mejor espectáculo de danza
Mejor composición musical
FINALISTA
Mejor coreografía Mejor labor de producción
Mejor diseño de espacio escénico
Mejor intérprete femenina de danza
Mejor intérprete masculino de danza
 
Data/s:
17 Feb 2024
Hora/s:
20:00 h
Duración:
80'
Descanso:
Non
Público:
Todos
Idioma/s:
Castelán

Organiza / patrocina

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar