“Brujas” é o novo espectáculo da Compañía Lolita Corina, que seguindo a súa forma de traballo na fronteira do teatro cómico e o clown, mergúllannos dun modo moi divertido no mundo do paranormal e metafísico. Unha morte accidental, a consulta dunha bruxa, un cadro… ás veces só cómpre un pequeno empurrón para que os poderes ocultos se manifesten. A bruxa Lula, unha bruxa visionaria entre as visionarias será a encargada de conducir a Dora, viúva desconsolada entre as desconsoladas, no mundo do sobrenatural, pero nada é o que parece… ás veces as bruxas están onde menos o esperas…